O pasado mércores 22 de xuño, entregáronse na biblioteca do IES Perdouro de Burela os premios do X Concurso de relato curto e poesía e do VIII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural “Os Matos” cuxo lema foi “O meu avó, a miña avoa”. Antón Niñe, presidente da A.C. “Os Matos”, felicitou aos premiados desta décima edición do certame. Karina Parga, encargada da biblioteca, e Santiago Pérez, Director, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.
Entregados aos Premios dos Concursos da A.C. Os Matos do IES Perdouro
Entregados aos Premios dos Concursos da A.C. Os Matos do IES Perdouro
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo