Lugo, 28 de xuño 2016.- Compareceron este martes en rolda de prensa, diante da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo; Xosé Ferreiro, voceiro do BNG na Deputación de Lugo; Bieito Lobeira, responsábel da área do organización do BNG e Noa Presas, responsábel da área de política institucional do BNG, para dar conta da decisión adoptada onte pola executiva nacional do BNG e para informar da entrega dun escrito na secretaría da Deputación de Lugo na que os deputados do BNG renunciaban a todos os cargos e reponsabilidades de goberno nesta Deputación e nos órganos correspondentes.
Antonio Veiga sinalou os orzamentos que onte se aprobaron son “as prevendas do PP apoiados polo PSOE e polo tránsfuga Manuel Martínez” e engadiu que “a provincia estivo paralizada polos intereses dun partido político e dun tránsfuga”. O BNG está nas institucións para favorecer o interés xeral “dende o gobernó ou dende a oposición”. Veiga indicou que “o BNG non estivo na fotos das Azores que se produciu onte na Deputación e non imos ser participes da política de chantaxes que algún pretenden imponer nesta Deputación”.
Xosé Ferreiro afirmou “a satisfacción polo traballo feito polo BNG na Deputación durante estes anos” e aclarou que “o BNG está nas institucións para tentar transformar a sociedade e non para ocupar sillas nin pisar moquetas”. Ferreiro indicou que “os papeis quedaron nas mesas e os ordenadores acesos por que o BNG non ten nada que ocultar sobre a súa acción de goberno” e recalcou que “nós non formateamos nin pisoteamos os discos duros como fixo o PP despois do seu paso polo goberno provincial”. Ademais Ferreiro destacou a coherencia do BNG na Deputación de Lugo e dixo que “defenderemos o mesmo na oposición que defendemos no goberno”.
Bieito Lobeira, responsábel da área do organización do BNG, manifestou o “respaldo político do BNG á decisión do grupo provincial do BNG na Deputación de Lugo” e puxoos como “exemplo de coherencia e dignidade” ademais de indicar que “o BNG non participa en repartos de cartos e sillóns”. Lembrou que “o pacto asinado polo BNG e o PSOE ficou en papel mollado e por iso o BNG tomou esta decisión”.
Lobeira cualificou de “grande coalición nauseabunda organizada por unha banda caciquil organizada do PP sumada por un transfuga obsesivamente ególatra e o psoe” ao que “agora vai levar os destinos da Deputación Provincial de Lugo”. “Non nacimos para caciquear” dixo Lobeira e sinalou que o obxectivo final do BNG é “a desaparición das Deputacións, máis neste escenario de aritmética electoral apostamos por integrarnos nos goberno para un baleirado progresivo das mesmas”. Ademais, Beito Lobeira explicou que “O BNG pedíralle explicacións ao PSOE por romper un pacto que afectaba aos gobernos de tres deputacións”.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



