A cooperativa ecoloxista ESPAZO-EQUO veñen de lanzar o manifesto UNHA ONDA VERDE PARA DEFENDER A TERRA coa que pretender enmarcar fixar a súa posición no 25 de Xullo e pensando na axenda do curso próximo.
Para ESPAZO-EQUO, “atopámonos nun novo tempo político que nos fala dunha maior participación cidadá, dun novo xeito de entender a política ligada ás demandas reais da xente e ao Ben Común.”
Segundo os ecoloxistas “o curso 2016-2017 vai a estar ligado ás eleccións autonómicas e, por isto, á posibilidade de construír unha alternativa encabezada polas Mareas ao goberno de Feijoo.” E tamén “vai amosar si, despois dun tempo suficiente de experimentación, as forzas de ruptura somos quen de vertebrar un proxecto político cidadanista sustentado nun novo relato de cambio democrático ligado a novas axendas, tal como fixemos nos concellos coas Mareas Municipalistas.”
Para ESPAZO-EQUO, como forza que se reclama do ecoloxismo político e do soberanismo cívico, “durante moitos anos a esquerda galega ten situado o 25 de xullo arredor de elementos identitarios illados das axendas sociais, ambientais ou democráticas concretas”.
“Para algúns o dereito a decidir se ten convertido nun concepto abstracto alleo ás demandas cidadás en lugar de ser a expresión da máxima radicalidade democrática.
Necesitamos ligar a política ás demandas das persoas é así facer que o soberanismo cívico sexa un elemento clave para o cambio.”
Para ESPAZO-EQUO faise necesario poñer as axendas da defensa do medio natural nun primeiro plano.
Parece que non se quere entender, segundo os ecoloxistas, “que nos atopamos nunha crise sistémica: o modelo capitalista de crecemento infinito nun mundo limitado non é viábel. A superación do pico do petróleo, os efectos do cambio climático, un sistema agroindustrial destrutivo, a dificultade cada vez maior ao acceso a produtos alimentarios de calidade e o esgotamento das materias primas, obrígannos a unha reformulación radical da realidade mundial, e xa que logo, da galega.”
É imprescindíbel repensar a nosa sociedade en todos os seus ámbitos: o económico, o enerxético, o laboral, o social, o territorial, o alimentario… Debemos definir un horizonte de sustentabilidade ao que chegar: ver que precisamos e dotármonos dos medios para acadalo, repartindo de xeito equitativo os custos e os beneficios.
Porén “este cambio de paradigma é imposíbel”, segundo ESPAZO-EQUO, “sen unha participación social profunda tanto na súa definición coma no seu desenvolvemento.”
Por iso, “nun tempo de cambio e ás portas dunhas eleccións autonómicas centrais para o noso futuro, hai dous elementos centrais na nova Marea de cambio que estamos a construír para que esta sexa a súa vez unha verdadeira onda verde: a xustiza social e ambiental na vertente programática e a radicalidade cidadanista no seu construtor democrático”; conclue o manifesto dos ecoloxistas para o 25 de xullo.
















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



