Cervo, 28 de xullo de 2016. Representantes do Concello de Cervo reuníronse con membros da organización da festa da Maruxaina, de San Ciprián, para coordinar o dispositivo de tráfico e seguridade. Na xuntanza participaron os concelleiros Dolores García, Manuela Méndez e José Ramón Soto; o responsable do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, Mario Antuña; un representante da Policía Local, Julián Otero; o encargado municipal de Obras, Eulogio Vázquez; e membros da asociación Amigos da Maruxaina, encabezados pola súa presidenta, Chus Méndez.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, explicou que “a fin de semana da festa da Maruxaina, que é de interese turístico galego, concretamente o venres 12 e o sábado 13 de agosto, por motivos de seguridade e co fin de facilitar o bo discorrer do evento, o Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, realizará modificacións e restricións no tráfico rodado de San Ciprián”.
José Ramón Soto engadiu que “tendo en conta a cantidade de visitantes que se achegan á nosa vila a divertirse nesta festa, ademais dos residentes habituais, o que implica un incremento importante do tráfico rodado, dende o Concello de Cervo recoméndase aumentar as precaucións e planificar os desprazamentos dentro do pobo. Por tal motivo, e sempre pensando na seguridade e no benestar dos nosos veciños e visitantes, vémonos na obriga de realizar certas modificacións no tráfico rodado. En concreto na Avenida da Mariña entre a rotonda e Correos estará cortada ao tráfico e non se poderá aparcar dende as 08:00 horas do venres 12 de agosto ata as 12:00 do domingo 14 de agosto. E o sábado 13 dende as 08:00 horas e ata o domingo ás 12.00 do mediodía estará cortado todo o acceso rodado ás rúas de San Ciprián e ao Porto de Arriba. Estes cortes terán a excepción dos vehículos de emerxencias, reparto e servizos municipais”.
O edil comentou tamén que “en canto ao dispositivo de seguridade, hai que recordar que a Concellaría de Seguridade Cidadá e a comisión organizadora da festa, xunto cos corpos implicados no control do tráfico e seguridade, Policía Local e Protección Civil, levaron a cabo unha reunión de coordinación para organizar a loxística, na que se establece un programa de medidas presenciais nas estradas para evitar atascos e posibles incidentes de tráfico, ademais de contar con efectivos de Tráfico, Garda Civil, Policía Autonómica e servizo de Cruz Vermella”.
Soto rematou manifestando que “dende o Concello de Cervo e a comisión organizadora da Maruxaina pedimos desculpas por adiantado a todos os veciños polas molestias que lles poida causar a celebración desta importante festa na nosa vila. Pedimos a colaboración de toda a cidadanía para minimizar os riscos e os problemas que se podan ocasionar”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



