Ribadeo, 29 de xullo de 2016. A Deputación de Lugo aportará os 500.000 euros que a Xunta nunca puxo para rematar a residencia de maiores de Ribadeo. A esta cantidade hai que engadir outra partida de 300.000 euros de fondos propios do Concello, segundo anunciaba o alcalde, Fernando Suárez, que acompañou ao presidente da institución provincial na visita cursada a esta instalación. Alí estiveron tamén concelleiros do PSOE e de Ciudadanos e representantes veciñais, todos eles membros da comisión pro residencia de maiores.
O rexedor agradeceu a presenza en Ribadeo de Darío Campos: “moitas grazas por estar aquí hoxe e por substituír unha vez máis a quen debera estar aquí. Oxalá hoxe, a parte de Concello de Deputación, estivera a Xunta, pero outra vez máis e xa non sei cantas van volvémola a notar en falla por non cumprir as súas palabras, por non crer desde o principio na residencia de maiores de Ribadeo, porque sempre foi a rebufo de todo, porque finalmente chegou a prometer cousas que nin cumpriu, de feito chegou a prometer unha exigua cantidade de 500.000 euros para quen ten a competencia en Servizos Sociais, que é a Xunta de Galicia, e que despois puxo todo tipo de artimañas e trucos para non chegar a dar ningún céntimo”. Suárez Barcia subliñou que “finalmente o Concello tivo que volver a solicitar auxilio da Deputación Provincial para que ao 1.829.000 euros que deu ao principio se sumasen estes 500.000 euros máis que a Xunta se comprometera, pero que non aportou. E polo tanto vai ser a Deputación, a que con diñeiro público de todos e todas as veciñas, se volve acordar de Ribadeo para implementar, para que poidamos rematar a residencia, dotala, equipala e que poida estar en perfecto estado de revista para a súa xestión posterior”.
O alcalde engadiu que “o Concello ten que poñer aínda un diñeiro máis, non chega con ese 1.829.000 euros e eses outros 500.000, aproximadamente calculamos poñer 300.000 euros de fondos propios municipais. Eu creo que deben ser poucos casos, son inéditos, nos que quen ten as competencias non pon un peso e os que non as temos directamente poñemos o cen por cen da inversión. Isto é o mundo ao revés, é un mundo de tolos que non se entende e eu desde logo penso que á Xunta en todo isto debería caerlle a cara de vergoña. Están a tempo de rectificar, porque rectificar é de sabios, pero eu non sei si serán sabios para rectificar nesta situación. Darío agradézoche que veñas aquí como representante da Deputación e que nos botedes unha man, como sempre fixestes ao longo destes últimos anos”.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, asegurou que “nós recollemos unha proposta hai 4 ou 5 meses, cando nos foron ver os membros da Plataforma pola Residencia de Ribadeo, que tiñan a inquietude polo remate desta instalación. A Xunta tiña un convenio ou algo similar para aportar 500.000 euros e non os achegou, porque saca unha desculpa cada vez que ten aparecer ese financiamento. E nós collemos o compromiso, desde a Deputación, de aportar eses 500.000 euros que a Xunta non achega para rematar a residencia de Ribadeo. Creo que é unha infraestrutura moi necesaria nunha cidade coma Ribadeo, que xa empeza a ser unha pequena cidade e eu creo que ten unha poboación suficiente para ter unha residencia deste calado”.
Campos non entende “por que a Xunta non inviste na provincia de Lugo. Eu creo que desde os anos 70 non fai ningunha praza de residencia pública na provincia. E agora que a Deputación se puxo a facer a súa rede de residencias nós apostamos tamén pola de Ribadeo, que aínda que non a fixo a Deputación nin Suplusa si que a fai o Concello con achega económica da Deputación, que leva investidos durante estes anos 1.800.000 euros; correspondíanlle a esta anualidade 200.000 e súmanse eses 500.000 que a Xunta non aporta e que desde a Deputación vamos achegar para rematar a residencia de Ribadeo”.
E non nome dos veciños e veciñas de Ribadeo, representados na comisión pro residencia de maiores, tomou a palabra José Mª Rodríguez, que agradeceu ao presidente da Deputación o apoio da institución para que esta instalación sexa unha realidade: “o agradecemento de todo o concello á Deputación, sobre todo, porque foi con ela, e sen ela non faríamos nada, como se puido levar a cabo este proxecto tan vital e necesario para o Ribadeo de agora xa. Que conste na túa persoa o meu agradecemento ao ente provincial”.
Cociña, comedor, salóns de estar ou habitacións foron algunhas das dependencias da nova residencia que visitou a comitiva que esta mañá acompañou ao presidente da Deputación, Darío Campos, no seu percorrido pola nova residencia de maiores de Ribadeo.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



