Cervo, 29 de agosto de 2016. O Concello de Cervo está levando a cabo labores de limpeza en 300 colectores de residuos sólidos urbanos nos núcleos de San Ciprián e Cervo.
A concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, explicou que “o Concello de Cervo está levando a cabo estes días unha campaña de limpeza de colectores de residuos sólidos urbanos. A campaña xa deu comezo e procederase a limpar uns trescentos colectores, tanto dos de restos orgánicos, que son os de cor verde, como os de depósito de briks, latas e plásticos, que son os amarelos”.
Manuela Méndez engadiu que “neste proceso incidirase especialmente naqueles colectores que acumulan máis lixo sobre todo agora, durante os meses de verán, como son os próximos aos lugares de hostalería, comercios e ás praias. O proceso de limpeza é levado a cabo por unha empresa especializada en labores de lavado automatizado a presión e desinfección”.
A edil de Medio Ambiente en Cervo salienta que “con este proceso de limpeza dos contedores, que se levará a cabo nos sitios onde máis falla faga tanto no núcleo de San Ciprián como de Cervo, evidenciase unha vez máis o compromiso do actual goberno municipal coa limpeza e o medio ambiente”.
Manuela Méndez rematou pedindo “desculpas de antemán aos veciños polas molestias que isto poida traer, xa que sabemos que esa máquina fai uns ruídos aos que non estamos acostumados e que algunha molestia pode causar. De antemán pedimos desculpas, pero polo ben de todos pensamos que este traballo merece a pena”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



