O Grupo Municipal de SON VIVEIRO presentou diversas iniciativas para seren tratadas no Pleno municipal que se celebrará o vindeiro mes de novembro.
A primeira das nosas demandas, manifesta o seu portavoz, Marcos Besada, consiste na aprobación da ordenanza que regula a taxa de 3.000 euros anuais, acordada no pleno do 6 de abril, que a partir do ano que vén deberán aportarlle ao Concello as entidades financeiras que dispoñan de caixeiros automáticos instalados en fachadas de inmobles con acceso directo dende a vía pública. En SON VIVEIRO temos a preocupación de que dito ingreso non poida ser tido en conta nos vindeiros orzamentos, aínda sen facerse públicos, por mor de non ter aprobada dita ordenanza a estas alturas do ano.
Tamén proporán o apoio da corporación á proposición de lei, recentemente presentada no Congreso dos Deputados polo Grupo Parlamentario de Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea e respaldada por concellos como os d’A Coruña, Madrid, Barcelona, Cádiz, Zaragoza ou Valencia, para a aplicación de medidas urxentes en materia de réxime local, que busca dotar aos municipios da autonomía suficiente para que poidan prestar os servizos esenciais, a partir dun novo sistema de financiamento, e garantir a transparencia e a participación directa e vinculante da cidadanía, mentres non exista unha nova Lei de Bases de Réxime Local.
Ademais, formularán diversos rogos:
– A limpeza, por parte da entidade que proceda en cada caso, da maleza e da sucidade existente nas zonas de entrada ao túnel do ferrocarril na zona de Verxeles e na parcela limítrofe coa rúa Alonso Pérez onde se
atopan o pazo e a capela de Malates.
– Un cambio na ubicación da zona de carga e descarga d@s alumn@s fronte ao colexio Lois Tobío para permitir unha axeitada visibilidade dos vehículos que se acerquen ao paso de peóns de acceso ao recinto escolar cando existan autobuses aparcados en dita zona.
– A adopción das medidas que garantan unha circulación peonil segura na zona da rúa Alonso Pérez comprendida entre o edificio de Telefónica e a parte traseira do edificio Gran Vía, nas inmediacións dos xulgados, o edificio dos sindicatos e a escola infantil, entre as que propoñen a colocación de beirarrúas e dalgún tipo de barreira arquitectónica entre vehículos e peóns.
– Unha modificación do emprazamento dos postes de tendido eléctrico e telefónico e da altura dos sinais verticais existentes na zona da Rúa Nova, na confluencia das estradas O Sixto-Magazos e Lugo-Viveiro, por tratarse dunha intersección con escasa visibilidade e alto risco para os vehículos que desexan acceder desde a primeira á segunda das estradas mencionadas.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



