Ribadeo, 31 de outubro de 2016. Máis de 200 rapaces e rapazas de 13 modalidades deportivas foron os protagonistas da III Gala do Deporte, que onte á noite se celebrou no pavillón de Ribadeo.
O concelleiro David Rivas deulles a benvida: “hoxe é o voso día. Hoxe é o día no que desde o Concello queremos render unha merecida homenaxe a todos os equipos ribadenses que tivéstedes algún éxito a pasada tempada, que sodes moitos”. O edil de Deportes dixo: “porque cada ano sodes máis, pero tamén cada ano que pasa sodes mellores. 230 deportistas de 13 modalidades deportivas, atletismo, automobilismo, baloncesto, billarda, bolos, fútbol sala, fútbol, piragüismo, remo, surf, tiro, tenis de mesa e ximnasia rítmica, entre os que celebramos medallas de ouro, prata e bronce en campionatos de España, galega, ascensos de categorías, títulos provinciais e comarcais. Todo grazas á implicación de todas e todos vos, de deportistas, adestradoras e adestradores, de directivas, pero tamén das familias, pais, nais, parellas, que sempre están aí, apoiando de xeito incondicional, celebrando as vitorias, sufrindo as derrotas, madrugando, viaxando as fins de semana… esta gala tamén á para vós”.
Rivas engadiu que “grazas a esa dedicación desinteresada Ribadeo pode presumir de ser un referente deportivo, con 40 clubs, 18 escolas municipais e 600 nenos e nenas entre 4 e 14 anos vinculados a algunha disciplina deportiva. Por isto, aínda que os éxitos deportivos non acompañaran, poderiamos ter a satisfacción de estar facendo un traballo ben feito”.
O concelleiro de Deportes, que explicou que a data de celebración da III Gala do Deporte se retrasou ata a xornada de onte para que todos os clubs tivesen rematada a súa tempada e así todos e todas puidesen estar presentes, rematou a súa intervención pedíndolles a tod@s @s deportistas que “disfrutedes co que facedes, que iso é o principal, de cada adestramento e de cada vitoria, e que vos levantedes despois de cada derrota. Disfrutade do deporte que escolléstedes e que vos axuda a formarvos como persoas. E por suposto, disfrutade desta Gala, que a facemos por e para vós”.
O pavillón encheuse para presenciar a III Gala do Deporte e tod@s @s deportistas recibiron a súa estatuíña. Xunto a David Rivas e ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, estiveron tamén @s concelleir@s Ana Martínez, Sonia Meilán, Mariluz Álvarez, Vanesa Yanes, Paz Ermida e Jorge Díaz.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
