Ábrese o prazo de inscrición para próxima ruta, que organiza o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, e que será o domingo 13 de novembro. A última desta temporada discorrerá por Ortigueira (A Coruña): a “Senda Litoral da Ría de Ortigueira” cun total de 13 km. e dificultade baixa. Con saída e chegada na Vila de Ortigueira, camiñando por unha senda “pegadiños” a ría, pasando pola Lagoa de San Martiño, pola Praia de Morouzos, enfronte a Illa de San Vicente, e a pequena Ría de Ladrido. A Ría de Ortigueira e unha das rías máis importantes de España, pola sua biodiversidade natural, dentro da Red Natura 2000 e zona ZEPA (protección de aves). Ao final da ruta despediremos a tempada comendo nun coñecido Restaurante da Vila de Ortigueira. Os interesados poderán pedir información ou inscribirse na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 618 97 61 59.
