Un precursor da navegación aérea nado en ( Xove o dia 1 de decembro do 1798, o seu pasamento 1880) de nome Tomás Mariño Pardo fillo de Manuel Mariño Illade, é de Venancia Pardo Fernández. Casou con dona Micaela López y López tiveron seis fillos.
Mestre de primeira ensinanza exerce en Galdo e Viveiro, unha vez retirado da actividade docente e con oitenta e un anos dedicouse a escribir un proxecto que tiña en mente para a historia dos proxectos científicos titulado, PROYECTO ACERCA DE LA NAVEGACIÓN AÉREA, que consta de dezaoito follas, e o deseño do globo navío.
O manuscrito escrito en forma de dialogo entre dous personaxes, Tomás que seria o autor do proxecto, e Silio, que forzaría o relato do anterior. Consta de dúas partes unha primeira onde se relatan aspectos técnicos e problemas que hai que resolver,características da nave, e unha segunda na que se pormenoriza a aeronave a construír, e afronta con sencillez cuestións fundamentais da aviación moderna, como son lograr estabilidade, velocidade e dirección.
Este proxecto foi datado en Viveiro a 12 de Xullo de 1879. ( Actualmente encontrase depositado no arquivo Rexional de Galicia).
O manuscrito foi publicado corenta e un ano mais tarde en forma de folletín no Heraldo de Viveiro, ( Nº 412 o 445 ) posterior nunha edición aparte baixo o titulo de proxecto acerca de la navegación aérea ( Viveiro 1920 ) con prologo do Tenente Coronel Manuel Insua Santos, o que se pode considerar como o seu descubridor.
Para entender ben a súa obra, nun momento no que a navegación aérea xa tiña probado o globo , pero o dirixible non facía maís que dar os seus primeiros pasos, lembremos que o primeiro dirixible fai a súa ascensión en París, no 1852, e non será ate o mil novecentos cando a Alemán Zeppelín da o verdadeiro pulo o dirixible.
Deste xeito o estudio de Tomás escríbese vinteún anos antes do primeiro vo, de Zeppelín.
Pouco coñecido e con pouca información sobre a súa vida, un libro con un moi bo traballo de investigación que foi editado polo Colexio de Xove no mes de Maio de 1987,algún documento que están en Viveiro, un escrito na enciclopedia galega, etc foron a fonte para poder dar esta información.
O final do proxecto que deixou escrito di: – “ Yo que estoy muy prósimo a cumplir mis ochenta y un años de edad, renuncio a la esperanza de llegar a ver la navegación aérea, otro que sea mas nuevo es posible que llegue a tener noticia de haberse resuelto el dificultoso problema de dar dirección a los globos, bien sea por el método que yo propongo, bien por otro que acuerde quien sea más entendido que yo. Con lo cual doy por terminado este mi trabajo en un asunto tan dificultoso y penosísimo”.
O concello de Xove adicoulle unha rúa, e na súa casa natal unha placa que di: “EN ESTA CASA NACIO EL 1 DE DICIEMBRE DE 1798 TOMÁS MARIÑO PARDO PRECURSOR DE LA NAVEGACIÓN AÉREA SEGÚN SU PROYECTO DEL AÑO 1879 DEPOSITADO EN EL ARCHIVO GENERAL DE GALICIA EL AYUNTAMIENTO DE JOVE DEDICA ESTA LÁPIDA A SU MEMORIA AGOSTO 24 DE 1921”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



