A Mariña, 5 de decembro de 2016. “Os orzamentos da Xunta esquecen uns dos principais problemas das veciñas e veciños da comarca como son o desemprego e os problemas existentes nos centros de saúde”, sinalan desde o BNG.
A responsábel comarcal nacionalista, Ana Ermida, afirmou que “estes orzamentos recollen algunhas das débedas históricas que a Xunta aínda mantén coa Mariña, pero o papel aguanta todo e hai que ver en que acaban estas previsións. Pois xa non é a primeira vez que se recollen partidas que finalmente non se executan.”
“En calquera caso, hai cuestións fundamentais para a comarca ás que non se lles dá ningunha solución e que a sociedade mariñá leva anos reclamando, como poden ser os problemas de desemprego e peches de empresas ou os gravísimos problemas de funcionamento que existen en centros de saúde de moitos concellos”, explican desde o BNG.
O desemprego cébase coa Mariña
Mentras os datos do paro seguen traendo malas novas para a comarca, o Partido Popular á fronte da Xunta segue esquecendo dotar A Mariña dun plan de emprego específico centrado nos principais sectores económicos da comarca para paliar os devastadores efectos de ERE’s e peches de empresas que levan producíndose ano tras ano.
“Os últimos datos do paro amosan como A Mariña segue fabricando persoas paradas e o PP é incapaz de poñer en marcha un plan de emprego para dinamizar a comarca e evitar o seu despoboamento. De feito, nestes orzamentos o que destinan para toda a provincia de Lugo para dinamización demográfica é incluso menos que para outras provincias con mellores datos, como son as do eixo atlántico”, explica Ana Ermida.
A atención médica primaria, desatendida
Desde o BNG tamén sinalan que “o Partido Popular parece esquecer que a porta de entrada de calquera persoa á atención médica son os centros de saúde e, no caso da Mariña, existen moitos e graves problemas en concellos coma Burela, O Vicedo, Ribadeo ou Viveiro.”
“Dada a situación de falta de medios que se vive en moitísimos centros de saúde, tal e como veñen denunciando desde os propios centros, queda por ver se esa pequena suba no orzamento xeral en sanidade servirá para atender as necesidades da atención primaria na nosa comarca; que sofre importantes eivas neste campo, e para ampliar os cadros de persoal dos centros de saúde”, afirman desde a formación nacionalista.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



