Estamos de cheo nas datas en que o calendario sinala as xornadas entrañables do Nadal; celebración de ledicia e tamén de fondas nostalxias: a ledicia da volta ó fogar daqueles membros que se atopan espallados polo mundo, pero tamén polas fondas nostalxias da ausencia dos seres queridos que endexamais voltarán, e que deixaron as nosas vidas cun vacío, ás veces prematuro, e polo tanto coa dor incurable dunha existencia tan fugaz…
A música é, en esencia, a combinación de sons que expresan os sentimentos; cada episodio vital, cada estado de ánimo, ten a súa expresión musical: a alegría, a tristura, a victoria, a derrota, o amor e o desamor; todo, en fin se interpreta dende a sensibilidade expresiva das notas musicais, magnificando as vivencias mais íntimas e entrañables. O tempo de Nadal, de fonda resoancia en toda a Humanidade, ten históricamente como expresión musical e poética o vilancico, nome que procede do termo “vilano”, equivalente a “rústico”, pois era a cantiga dos pastores. Logo os vilancicos cultiváronse nas capelas das Catedrais, polos séculos XVII e XVIII; tempos do apoxeo dun xénero que tiña os precedentes nas festas populares de Nadal e na liturxia.. O vilancico foi moi cultivado en Galicia e aquí traspasou o ámbito puramente popular, pois foron moitos os poetas que escribiron vilancicos, panxoliñas,nadais, aninovos e reis. Os mais próximos a nós : Noriega Varela,Crecente Vega,Iglesia Alvariño, Trapero Pardo, Díaz Jácome… cantaron tamén ó Nadal. Alvaro Cunqueiro tódolos anos escribía un vilancico para que o cantara Remediños, a filla do seu amigo, músico e barbeiro, O Pallarego,que lle poñía a música. “Como son moi pequeniña/ non che me deixaban vir/pero díxenlle á abueliña/ que me trouxera ata aquí./ Pensei traerche un regalo/ unha rosquilla ou un bolo/ pero aínda tiveron que traerme no colo… Medio kilo de xabón/ neste tempo de estraperlo/val como un ollo da cara/ i-a todos nos ven “al pelo”./ Pero non é para vosoutros/mal está en que eu o diga/ que é para San Xosé e o Neno/ e mais para a Virxe María.” E bendice,Señor, nosa casa e noso fogar./ e mantede para sempre encendida/ a fogueira do esprito na vida/ e o braseiro do lume no lar.
Aos nosos oíntes , amigos e amigas, desexamos o mais feliz e pracenteiro Nadal.
Suso Fernández


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



