Cervo, 13 de decembro de 2016. A concelleira de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, presentou este martes a programación infantil de Nadal organizada polo seu departamento a representantes das asociacións de nais e pais de alumnos dos colexios do municipio e da asociación Pasiño a Pasiño.
Haberá un ciclo de cine infantil na Casa da Cultura, de San Ciprián, con tres proxeccións: o día 22 de decembro, xoves, ofrecerase a película Noche ¿de Paz?; o 2 de xaneiro, luns, O soño dunha noite de San Xoán; e o 4 de xaneiro, mércores, O bosque animado. Todas serán ás oito da tarde.
Tamén se levará a cabo o programa Enredos de Nadal do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Para o alumnado de 2º ciclo de Infantil será de 11 a 12:30 horas e para o de Primaria de 12:30 a 14 horas. As actividades desenvolveranse na Casa do Mar de San Cibrao, onde se poden facer as inscricións, ao igual que na Casa do Concello de Cervo. Os interesados poden obter máis información chamando ao teléfono 982.879.583.
Dolores García explicou que en Enredos de Nadal “faranse manualidades, xogos e un obradoiro de cine, que é unha novidade e permitirá que os nenos e nenas se convertan en pequenos actores e cámaras”.
A edil de Cultura rematou comentando que o obxectivo destas iniciativas é que “as familias, sobre todo os nenos e nenas, teñan alternativas de ocio este Nadal no concello de Cervo”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



