O Pescados Rubén Burela FS non tivo este martes o seu mellor día para finalizar o maratón de partidos da última semana; a falta de frescura fíxolle sucumbir esta noite ante un Aspil Vidal Ribeira Navarra que se plantou en Vista Alegre con efectividade en ataque e seriedade defensiva, co talismán de Molina (0-5). Os de Daniel Ibañes volverán aos adestramentos o luns 26 para xogar na pista do Ríos Renovables Zaragoza FS o venres 30.
Pedro adiantou aos de Tudela rozando o ecuador, recibindo dentro da área fronte a Iago Míguez, custodiado por Miñano, que nada puido facer para reaccionar na traxectoria. Antes ambas as porterías non tiveran moito traballo; as mellores oportunidades foron para o visitante Ferrán o minuto 7 e para o local Hélder no 9. Reaccionaron os de Daniel Ibañes xerando máis perigo e atopando máis ocos aos poucos, topándose unha e outra vez co muro de Molina. Chano tentouno desde a banda no minuto 13; Iago Rodríguez e Cuco, no 15, tampouco puideron perforar a rede. Cando mellor estaban os mariñáns, a falta de 1 minuto 27 segundos para o descanso, Matamoros viu vermella directa na tentativa de escapar de David. O segundo dos visitantes chegou pouco despois, en inferioridade para os locais, de novo nas zapatillas de Pedro. Iago Rodríguez tivo a oportunidade de reducir distancias restando 18 segundos, cun dobre penalti que apartou o pau.
Os galegos buscaron a remontada insistentemente no segundo período. Tras uns compases iniciais nos que Miñano resolveu as chegadas de Aspil con firmeza, o Pescados Rubén non cesou na súa espreita sobre a rede de Molina. En tan só un minuto, o que podería ser o 1-2, cunha oportunidade de ouro de Chano, que desbaratou J. Mínguez, transformouse no 0-3, co terceiro de Pedro (minuto 26), escapando de Iago Rodríguez e só ante un Miñano adiantado. No 28, apostou o Burela FS por xogo de cinco, con Iago Rodríguez, pero non atopou fortuna; a piques de chegar á medianía do segundo acto, Rubí subiu o 0-4 a porta baleira. A estratexia de porteiro-xogador non se facía valer na férrea defensa de Aspil, que de novo ampliou distancias, no minuto 37, aproveitando un erro ofensivo dos mariñáns; Hamza subiu o definitivo 0-5, a pase de Rubi, fronte ao 9 laranxa baixo os paus.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Iago Míguez, Matamoros, Petry, ellvert, cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Isi, Cuco, Chano, Hélder, Carlitos
Aspil Vidal Ribeira Navarra FS: Molina, David, Hamza, Luisma, Rubi, cinco inicial; tamén xogaron Lucas, J. Mínguez, Ferrán Plana, Pedro, Abdel Karim, Kostas
Goles: 0-1, minuto 9, Pedro; 0-2, minuto 19, Pedro, 0-3, minuto 26, Pedro; 0-4, minuto 29, Rubi; 0-5,minuto 37, Hamza.
Árbitros: Cid Bragado // Martínez Torres (Galicia). Por Burela FS, vermella directa para Matamoros (minuto 18); amarela a Petry (minuto 30). Por Ribeira amarela a Pedro (minuto 25), Hamza (minuto 25).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira División LNFS disputado no pavillón Vista Alegre, de Burela, que contou coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro. Ao redor de 900 afeccionados/as.
Copa do Rei
Vista Alegre recibirá ao Magna Gurpea no partido de ida de semifinais de Copa do Rey o martes 17 de xaneiro (21.00 horas). A volta, en Anaitasuna, será o martes 7 de febreiro (20.30 horas). O outro billete para a final decidirase entre Elpozo Murcia e Levante UD FS.
*Foto: JM Álvez.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
