Lourenzá, 23 de decembro de 2016. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) organiza na noite do día 31 de decembro ao 1 de xaneiro, a partir da unha da madrugada, unha festa de fin de ano que terá lugar no recinto feiral e coa que colabora o Concello. A ACIAL engalanará para a ocasión as naves do mercado recreando como era antiga discoteca El Recreo.
O presidente da ACIAL, Javier Huertas, explicou este venres que para a noite de fin de ano “aínda que realmente será o día 1, porque vai ser despois das doce da noite, concretamente a partir da unha da madrugada, vaise abrir o recinto feiral para facer unha festa. Ás dúas da mañá imos dar as badaladas, como fan nas Illas Azores, que é unha das zonas nas que son a esa hora. Imos dalas unha muller, que será unha sorpresa, e máis eu. Tamén vai haber un DJ con música e a partir das cinco da mañá, chocolate con churros”.
O presidente de ACIAL salienta que “imos recrear no recinto feiral o que era a antiga discoteca El Recreo. Para alí levamos as butacas e as mesas que había no Recreo, e vanse poñer como zonas vip onde a xente poida estar sentada cos seus amigos e tamén haberá mesas máis altas para que a xente máis maior poida estar sentada comodamente. Ademais climatizarase o recinto con canóns de calor e estufas e estará engalanado con adornos de Nadal”.
Javier Huertas engadiu que “a barra corre a cargo da asociación de comerciantes e imos poñer un camareiro para poder gozar tamén nós da noite. A entrada vai ser moi módica, a 5 euros. Vanse dar as uvas para comer coas badaladas, o que imos facer nunha especie de palco e por detrás reproducirase un reloxo co son, imitando ao que se fai na televisión”.
O presidente do colectivo empresarial destacou que “colabora con nós na organización desta festa o Concello de Lourenzá”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



