Lugo 2-1-17. Continúa na Praza de San Marcos a programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que o Goberno da Deputación puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Esta semana conta con 10 actividades, entre as que destacan os obradoiros infantís e os espectáculos de maxia.
Ademais, ata o 5 de xaneiro, están abertas as casetas do mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos. O horario do mercado é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Á parte das actividades na praza de San Marcos, o Goberno da Deputación tamén organizou para estas datas obradoiros de diferentes temáticas, a través da rede museística e dos centros de interpretación. A programación especial péchase esta semana coa celebración de varios talleres infantís.
Programación do Mercado de Nadal
Martes 3 de xaneiro
– De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Zimzelatum (Pratería) no Mercado de Artesanía da Deputación.
– De 16:00 a 21:00 horas. Globoflexia. Un obradoiro no que o monitor realizará diferentes figuras básicas utilizando globos. Aqueles participantes “máis atrevidos”, aprenderáns os pasos a seguir para realizar algunha destas creacións.
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
Mércores 4 de xaneiro
– De 16:00 a 21:00 horas. Obradoiro con serpentinas de cores. Manualidades creativas e moi sinxelas de levar a cabo, son tan variadas como a propia imaxinación dos pequenos artistas.
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
Xoves 5 de xaneiro
– De 12:00 a 13:00 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
Obradoiros no Centro Terras do Miño
Un total de 20 nenos e nenas participarán nos tres obradoiros infantís de Nadal programados polo Centro de Interpretación Terras do Miño para a primeira semana de xaneiro. Os talleres, totalmente gratuítos, terán lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro, e estarán dedicados aos Reis Magos e á creación de árbores de Nadal.
Os talleres celébranse de 11:00 a 14:00 horas e requiren inscrición previa a través da web da Deputación. Aínda que as 20 prazas diarias están cubertas, é posible apuntarse á listaxe de agarda. http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/
Actividades no Museo Provincial do Mar
O Museo Provincial do Mar, con sede en San Cibrao pecharán esta semana a programación de Nadal con dúas novas actividades dirixidas ao Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo. O días 4 e 5 de xaneiro, de 11:30 a 13:00 horas, terán lugar os talleres de Vilancicos e panxoliñas, e de confección dun almanaque mariñeiro, respectivamente.




















“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



