Lugo, 26 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá o obradoiro de emprego Ribadeo no tempo II, que está desenvolvendo funcións de ordenación e dixitalización de fondos documentais do municipio.
Balseiro destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria financia con 143.307 euros esta iniciativa, na que participan 19 persoas: un director, dous monitores e 16 alumnos-traballadores ata ese momento desempregados. Estes asinan un contrato de traballo e reciben formación teórica e práctica para mellorar as súas posibilidades de empregabilidade ao remate deste proxecto.
O delegado subliñou que un dos eixos principais da Axenda de Emprego da Xunta de Galicia é a “capacitación e especialización dos traballadores e traballadoras galegos” e que é especialmente importante que a formación “responda aos perfís profesionais que precisan as empresas para ser competitivas”.
Neste sentido, valorou que o obradoiro de Ribadeo ofrece “unha completa formación nun campo de traballo con amplas posibilidades, xa que é de especial interese para organismos públicos e privados que manexan arquivos extensos de documentación”.
As actuacións principais que se contemplan nesta iniciativa, promovida polo Concello de Ribadeo, son a organización, descrición e informatización do fondo documental correspondente ao Arquivo Histórico Municipal, e a dixitalización da serie documental de “actas capitulares” do fondo documental do concello (séculos XVI a XVIII), que recollen as decisións e actuacións dos cargos municipais da época.
A formación corre a cargo dun monitor de arquivística e xestión documental e un monitor de dixitalización documental, ademais do director do obradoiro.
O delegado puxo tamén de manifesto que os obradoiros de emprego “desenvolven obras e actuacións de interese social e utilidade pública, en beneficio dos concellos promotores e dos seus veciños e veciñas”. Neste caso, explicou, “os participantes rescatan parte do patrimonio histórico documental de Ribadeo, que resulta unha fonte imprescindible para a reconstrución dos diversos aspectos da vida da cidade”.
Por último, Balseiro tamén se referiu a que os obradoiros de emprego fomentan a colaboración institucional, xa que son promovidos polas entidades locais e sufragados pola Xunta.
Durante a visita ao obradoiro, o delegado estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández, entre outros.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



