Viveiro, 3 de febreiro de 2017. O BNG de Viveiro anuncia que van solicitarlle ao goberno que encabeza a socialista María Loureiro que fagan os estudos e xestións necesarias para a adaptación e actualización, a través da correspondente ordenanza fiscal reguladora, da taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresa titulares das instalación de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos nos termos das sentenzas do Tribunal Supremo que así o avalan.
@s nacionalistas recordan que a Lei Reguladora das Facendas Locais estabeleceu en 2004 que as empresas eléctricas, de gas, de auga e hidrocarburos están obrigadas a pagar unha taxa fixada por un informe técnico-económico por atravesar o dominio público local, aínda que non os subministren. Malia esa habilitación legal, e unha vez se aprobaron ordenanzas reguladoras para fixar esa obriga de xeito concreto, as empresas non aboaron nunca dita taxa, amosando belixerancia e conflitividade xudicial contra as entidades locais que a impulsaron, negando uns recursos lexítimos ás entidades locais necesarios para poder afortalar os seus servizos.
Os fallos xudiciais contrarios a Unión Fenosa, Gas Galicia e Red Eléctrica e as sentenzas do Supremo aclaran expresamente que é legal a pretensión dos concellos de gravar a utilidade que lle reporta ás empresas a utilización privativa ou o aproveitamento especial do solo que forma parte do dominio público para unha actividade netamente industrial e avalan o cálculo das tarifas da taxa de acordo cun estudo técnico-económico, situándose a cota a pagar entre 3.000 euros e 12.000 euros por metro lineal no caso das instalacións de transporte eléctrico e no que atinxe ás de transporte de gas, entre os 500 euros e os 4.000 euros.
Desde o BNG cren que co incremento dos ingresos do concello de Viveiro pola aplicación da taxas ás grandes eléctricas, que non prexudicaría ao pequeno consumidor, o goberno municipal podería dotar de maiores recursos o fondo de emerxencia social municipal para garantir as necesidades básicas das persoas e familias viveirenses en situacións de vulnerabilidade económica grave e urxente que lles impide, por exemplo, facer fronte ao pago do suministro da luz, auga e ou gas.


















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



