Burela a 14 febreiro do 2017. A CIG-Saúde vén de dirixirse á Xerencia do Hospital da Costa para demandar a inmediata posta en marcha da consulta especializada de enfermaría oncolóxica, cuxa creación foi aprobada hai dous meses no Parlamento de Galiza. Non obstante, a dirección do centro hospitalario afirma ter un descoñecemento absoluto sobre a creación da consulta e a dotación da praza de enfermaría necesaria, asegurando que non manexan máis información que a publicada no seu día polos medios de comunicación.
Cómpre lembrar que o pasado ano 2016, en data 22 de decembro, o Parlamento de Galiza aprobaba unha proposición non de Lei do Partido Popular para a creación dunha praza de enfermaría no Hospital da Costa e, deste xeito, poñer en marcha a tan necesaria consulta especializada de enfermaría en oncoloxía.
Segundo apuntaba a deputada popular, Encarna Amigo, “a creación da nova consulta especializada de enfermaría oncolóxica permitirá que os doentes e os seus familiares conten cun persoal encargado de explicarlles os coidados que teñen que seguir, os efectos dos tratamentos, as fórmulas para palialos e, en xeral, resolver todas as dúbidas ou calquera cuestión referente á enfermidade”.
Dende CIG-Saúde recollíamos con estrañeza que un goberno con maioría absoluta e, polo tanto, con capacidade plena para crear cantos servizos sanitarios estime necesarios, utilizase a vía parlamentar para crear no Hospital da Costa unha consulta de Enfermaría Oncolóxica. Semellaba un acto puramente publicitario, pero non deixaba de ser unha boa nova que A Mariña, a sempre esquecida comarca, por fin fora dotada do tan esperado servizo.
Hai que ter en conta que esta comarca está á cola da provincia no referido ás dotacións sanitarias (no Hospital de Monforte hai case un ano que contan con esta consulta especializada).
A día de hoxe, dous meses despois de coñecer polos medios de comunicación a decisión do Parlamento de Galiza, no Hospital da Costa nada se sabe sobre a posta en funcionamento desta consulta, polo que a CIG-Saúde acaba de dirixirse á Xerencia do Centro Hospitalario para demandar que poña en marcha o funcionamento do servizo. Porén, a resposta da Xerencia é que non ten máis información que a publicada na prensa, e que nada sabe da creación da consulta e a dotación da praza necesaria.
Diante disto, a CIG-Saúde pregunta ao Goberno da Xunta de Galiza onde está a consulta especializada de enfermaría oncolóxica e a creación da praza de enfermaría ou se, como todo parece indicar, a iniciativa parlamentar non era máis que acto de propaganda do PP. Até cando vai ser a comarca da Mariña a última da provincia en dotacións sanitarias?
A central nacionalista insta a este Goberno a cumprir co mandato parlamentar e a crear coa máxima inmediatez a consulta especializada de enfermaría oncolóxica.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



