Lugo 15 de febreiro de 2017.- A Delegación territorial da Xunta continúa coa súa campaña informativa para dar a coñecer o contido do novo Decreto que regula o uso de vivendas turísticas. Nesta ocasión será a localidade de Ribadeo quen acolla unha charla que terá lugar, ás 19.00 horas, no salón de actos do Instituto de Ensino Secundario Dionisio Gamallo.
As intervencións correrán a cargo do delegado territorial, José Manuel Balseiro, e da xefa provincial da área de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que darán conta dos aspectos fundamentais do novo decreto e intentarán resolver as dúbidas, preguntas e cuestións que poidan xurdir en relación co seu contido e aplicación.
Esta sesión informativa foi convocada en colaboración coa Asociación Provincial de Hostalería de Lugo, que dirixe Cheché Real, e co Colexio Provincial de Xestores Administrativos.
Balseiro convidou a todos aqueles que estean interesados en recibir máis información sobre esta cuestión a participar na xornada, de entrada libre e gratuíta, e na que tamén aproveitarán para dar traslado das principais liñas e subvencións que mantén abertas a axencia Turismo de Galicia.
Regula por primeira vez as vivendas de uso turístico
A principal novidade do novo decreto, que foi aprobado polo Consello da Xunta, é a regulación, por primeira vez, das vivendas de uso turístico, na que se conteñen os requisitos e servizos mínimos dos que deberá dispoñer e o seu réxime de funcionamento e do exercicio da actividade.
Desde a administración autonómica lembran que esta nova regulación é necesaria debido á proliferación da tendencia de alugar por días ou semanas a vivenda habitual, que se viu favorecida coa creación de páxinas web que ofertan este tipo de aloxamentos dun xeito rápido e sinxelo.
Coa nova norma a Xunta cumpre unha demanda do sector turístico, o cal manifestou en numerosas ocasións a necesidade de regular este tipo de aloxamento, debido ao seu forte impacto e á competencia desleal que supón respecto do aloxamento turístico regrado.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



