Teodosio Vesteiro Torres foi un escritor do S.XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi moi efímera: finou tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendenza luguesa, nacera en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresa no seminario onde os éxitos académicos non se fan esperar e aínda estudante chega a rexentar unha cátedra de Humanidades.
En 1871 abandona o seminario e trasládase a Madrid;traballa como profesor de música e colabora en distintas revistas. Funda a “Gaceta Literaria” que reuniría ós intelectuais galegos, residentes na capital,entre eles Añón e Curros Enriquez, creada “para contribuir á prosperidade de Galicia”. Autor de “Galería de Galegos Ilustres”, en varios tomos, e “Recuerdos de Galicia”: nun destes da a súa versión sobre a orixe de “tomar as de Villadiego”: polo S. XVI vivía en Ribadeo D.Diego de Villalpando, deudo dos condes daquela vila que, por cuestión de amoríos, viuse envolto nun duelo que resolveo atravesando coa espada o corazón do contrincante. Por temor á xustiza fuxíu de Ribadeo e non parou deica as proximidades Burgos. Alí, para ocultar a súa personalidade, trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego. O duelo transcendeo e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz víuse obrigado a requerir “qué veredas tomaría don Diego”: “Las de Villadiego” contestaron.O maxistrado despachou exhortos á vila de Villadiego en requisa de Diego de Villalpando, respondendo os daquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.
E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: “tomou as de Villadiego”.
Vesteiro foi unha alma atormentada e o fracaso de “Galicia Literaria” e a influencia do espíritu romántico da época, propiciaron que o 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida con un tiro na sien, no paseo do Prado de Madrid,ó xeito que uns anos antes o fixera o romántico Mariano José de Larra, en cuxo enterro dérase a coñecer outro poeta romántico, José Zorrilla, cuns versos que comenzan: “ Ese rumor que rasga el viento/ es la voz funeral de una campana: vano remedo de un cadáver/ mohíno y macilento/ que en sucio polvo dormirá mañana”.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



