- O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
A Alcaldesa, Efigenia Maseda, emitiu un bando para poñelo en coñecemento da veciñanza. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina. Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos” apuntou Efigenia Maseda.
- Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
A formación realizouse en instalacións deportivas do Concello de Ribadeo ao que lle dan as grazas pola súa colaboración e apoio. O alcalde, Dani Vega, achegouse a saudar aos asistentes a estes cursos.
- As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este mércores pola tarde en Muimenta na presentación da XXXIII Festa da Filloa xunto ao xerente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, José Manuel Rus Rodríguez. Unha cita, á que a institución destina 3.000€, que volverá exaltar este produto típico o vindeiro mércores, 1 de maio, no recinto feiral Manuel Vila.
- Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
Conmemoraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas personalizados e a rexedora agasallou ás crianzas con diferentes exemplares "animándoos a practicar a lectura a diario, xa que é algo fundamental para o desenvolvemento persoal desde as idades máis novas"
- Cheo absoluto no primeiro Faladoiro de Charlando do programa Arruguiñas no local da asoc. de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao
A sesión, impartida pola Traballadora Social e Coach, María José Novoa, e a Psicóloga, Sonia Pigueiras, enfocada á Saúde Mental, resultou moi interesante e motivadora. O martes 21 de maio teremos unha nova cita, ás 18:30 horas, de novo no local da asociación Terramar.
- O pasado sábado desputouse o campionato provincial de xadrez en Viveiro
O equipo alevín mixto do colexio Martínez Otero, de Foz, acadou o primeiro posto. Os resultados das diferentes rondas foron: 4-0, 2-2 e 4-0.
- O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro
O concurso contou con dúas modalidades, mosca e lance, cun total de 20 participantes. “As capturas foron abundantes e tódolos participantes lograron algunha, un deles capturou unha troita de 50 cm. Despois eran devoltas á auga” apuntou Pablo González, presidente do club. “É de agradecer o bo ambiente vivido durante o concurso e a colaboración de todos os patrocinadores” engadiu o presidente, que informa que para este ano a sociedade ten programadas actividades de limpeza do río e xornadas de iniciación á pesca.