Burela, 21 de febreiro de 2017. Está aberto o prazo de inscrición nas primeiras xornadas de defensa persoal e de protección contra a violencia de xénero, que organiza a Concellería de Igualdade en colaboración con Miguel Ángel Rojo Darriba, que será o encargado de impartir este taller.
Estas xornadas levaranse a cabo tódolos mércores do vindeiro mes de marzo, en horario de 20:00 a 21:00 horas, no local sito na Rúa Rosalía de Castro nº44, baixo, galería porta 2, en Burela.
Patricia Otero explica que “nestas xornadas poderán participar as mulleres empadroadas no Concello de Burela, que previamente se anoten no Centro de Información ás Mulleres, sito na Casa do Concello , en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres. A actividade é totalmente gratuíta para as mulleres de Burela, sendo sufragada integramente pola Delegación Municipal de Igualdade”.
A edil socialista sinala que “o proxecto enmárcase no eido da seguridade, a igualdade e os servizos sociais, concretamente na protección contra a violencia de xénero e a defensa persoal feminina, empregando distintos métodos e técnicas de fácil execución. A principal finalidade é a de ofrecer os medios necesarios para aplicar coñecementos de defensa persoal e obter un resultado satisfactorio para a persoa que o aplica, neste caso público feminino”.
A concelleira de Igualdade engade que “se aportarán para a consecución desta finalidade unha serie de ferramentas ás participantes para que poidan facer fronte ás posibles agresións que lles poidan xurdir en calquera momento e situación. Non obstante, tamén se pretende practicar a modalidade de forma non violenta e que a práctica se converta nunha forma agradable de pasar un bo tempo de práctica e aprendizaxe”.
Patricia Otero conta que “deste xeito as prácticas consistirán dunha serie de ponencias formativas en distintos sensos: achegar a realidade da defensa persoal e a súa evolución ao longo do tempo; dotar ás participantes da información necesaria para aprender ou corrixir erros á hora de solventar unha agresión; mellora das aptitudes e capacidades para reaccionar ante situacións anómalas e violentas e para elo traballaranse nos adestramentos as distintas técnicas de sinxela aplicación; ofrecer apoio e recomendacións para que as practicantes se sintan cómodas e con confianza; informar e practicar co uso de distintos dispositivos de uso cotiá, como pode ser un bolígrafo, un Smartphone, chisqueiro, etc… para potenciar o efecto dunha defensa aplicada sobre o agresor; e dotar de técnicas de control e redución para que as practicantes se enfronten a asaltantes que as superen en tamaño dunha forma sinxela e sen complicacións”.
Otero Rodríguez sinala que “a defensa persoal está enfocada a mulleres de tódalas idades e complexións, de feito a condición e a forza física non ten por qué ser a máis próxima á dunha persoa deportista e cunha boa forma física. Do mesmo xeito, hai que ter claro e ter en conta as recomendacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e que sexa o enfrontamento ante unha agresión o último dos recursos que teñamos que utilizar. Sempre será mellor fuxir ante unha situación violenta que tratar de comprobar se realmente somos capaces de reducir ou non o noso agresor”.
“Para impartir este taller contaremos co mestre de Artes Marciais Miguel Ángel Rojo, que conta cun amplo currículo no eido da Defensa Persoal, que conta entre outros méritos e cargos cos de: Director Autonómico de Nihon Taijitsu (Defensa Persoal) da Federación Galega de Karate e Da, Profesor da Federación Galega de Kárate, nos cursos para a obtención do diploma de especialista en Defensa Persoal, Cinturón Negro 4º Dan Nihon Taijitsu FMNT, Cinturán 4ºDan Nihon Ju Jutsu FMNT…”, dixo Patricia Otero.
As Xornadas de Defensa Persoal e de Protección contra a Violencia de Xénero foron presentadas este martes por Miguel Ángel Rojo e por Patricia Otero.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



