Lugo, 21 de febreiro de 2017.- A Consellería de Política Social destinou 407.700 euros a sufragar servizos e programas de inclusión social de sete concellos da provincia de Lugo.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que estas axudas van dirixidas tanto á dotación de infraestruturas, construción e mellora de centros de inclusión e emerxencia social, como ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais municipais que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos en risco de exclusión.
Balseiro apelou á necesidade de lograr “un maior nivel de cohesión social, loitando contra a pobreza e calquera forma de discriminación”. En concreto, neste caso os colectivos prioritarios de actuación son a poboación xitana, poboación inmigrante e os menores en situación de vulnerabilidade.
Os concellos beneficiarios foron os de Quiroga, Lugo, Viveiro, Monforte, Burela, Vilalba e Guitiriz.
Os investimentos da consellería pretenden facilitar a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos, así como adaptar os equipamentos e servizos ás necesidades das persoas usuarias, redundando nunha mellora na calidade da atención dispensada.
O delegado explicou que a Xunta desenvolve diversas liñas de acción para impulsar a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos, moitas delas en colaboración cos servizos municipais xa que “en numerosos casos son a porta de acceso ao conxunto de recursos sociais dispoñibles, o primeiro contacto que teñen os afectados”.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



