Lugo, 22 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, invitou aos concellos da provincia a fomentar boas prácticas medioambientais que axuden a incrementar as taxas de reciclaxe.
O delegado e a subdirectora xeral de Residuos, Verónica Tellado, participaron hoxe nunha xornada técnica convocada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes (Ecoembalajes España) para explicar de primeira man as novas ferramentas coas que os concellos poden aumentar a calidade da recollida selectiva que se realiza a través dos contedores amarelos.
Tal e como se lles explicou na reunión aos concelleiros de Medio Ambiente e ao persoal técnico convocado, unha maior calidade da recollida pode supoñer de xeito inmediato un incremento importante das cantidades que os concellos reciben, ademais de contribuír á mellorar dos niveis de reciclaxe en Galicia.
Este encontro brindou a posibilidade de presentar aos concellos da provincia de Lugo as principais novidades do convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021.
Entre as principais melloras introducidas destaca o establecemento de pluses por boa xestión para aqueles concellos adheridos a Ecoembes que impulsen medidas a prol da reciclaxe e a recuperación de envases. É dicir, actualízanse de forma gradual as ratios de referencia para acceder ás compensacións por boa xestión, co fin de compensar a aqueles que traballen a prol da reciclaxe e recuperación.
Esta previsión é posible grazas ao cálculo de ingresos estimados para os próximos 5 anos, que ascenderán a 102 millóns de euros. Tendo en conta os datos económicos do convenio anterior –e mantendo as mesmas condicións para o actual período de vixencia- estímase que co novo convenio os ingresos incrementaríanse en máis de 400.000 euros/ano, é dicir, 2 millóns de euros máis respecto do anterior.
Outras das melloras que se introducen son que o cálculo da variación dos prezos de combustible mensualízanse e tamén se definen melloras técnicas e dos procedementos de recollida, coa finalidade de incentivar a participación dos usuarios e que redunden nun incremento da aportación e da recollida de envases; así como aspectos relacionados coa facturación das entidades locais e as ferramentas informáticas á súa disposición, coa finalidade de axilizar os pagamentos.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



