Viveiro a 7 de marzo de 2017. Unha vez máis o PP de Viveiro lamenta o estado de abandono e deterioro que presenta a área etnográfica de A Insua e o seu vial de acceso.
En varias ocasións temos presentado inicativas nos plenos para que se solventase esta situación, e non hai moito, a principios de febreiro, acompañábamos ós veciños de Escourido residentes nesta zona da parroquia de Covas , que se queixaban desta situación e lle demandaban solucións ó equipo de goberno socialista , en especial polo mal estado que presentaba o acceso dende o burgo de o Porto ata a mencionada área etnográfica.
O certo é que a día de hoxe nada se ten feito e xa non so é preocupante a situación destes veciños que reclaman solucións, senón tamén a imaxe que se traslada do noso concello.
Hai uns días a Sra. Alcaldesa presumía en distintos medios de comunicación do éxito dos carnavais – do cual nos alegramos – e salientaba que según datos da oficina de turismo nos visitaran nestes días festivos 300 persoas de distintos puntos de España e 20 de fora de España. O PP de Viveiro so agarda que non se lles ocurrira visitar este fermoso lugar de a Insua, porque a imaxe que se ían a levar é terrible – tal e como se pode apreciar nas fotos que adxuntamos – e que dista moito do que se lle supón que debería de ofrecer un concello turístico como o noso. Por si non fora pouco ó mal estado do vial como consecuencia do paso de camións de gran tonelaxe e turismos (algúns deles para facer trompos na propia Área Etnográfica ) e o abandono no coidado das instalacións da área, hai que sumarlle un vertedoiro incontrolado na zona do antiguo vertedoiro de basuras . Sin lugar a dúbidas, un claro exemplo da deixadez e a pouca preocupación do goberno socialista por manter en bo estado aqueles paraxes naturais que deberían de funcionar como potentes focos de atracción turística.
Dende o PP de Viveiro queremos instar ó goberno municipal socialista a que, dunha vez por todas, lles de unha solución a estes veciños da zona de Escourido – aínda que sexa provisional – tal e como reclamaban nos medios a principios de febreiro e se arregle este vial . Queremos pedirlles tamén que atendan ó coidado en condicións desta area etnográfica – limpiandoa e retirando o vertedoiro incontrolado -, xa que estamos ás portas da Semana Santa e todos sabemos do gran poder de convocatoria deste importante evento na nosa cidade, que se traduce en miles de visitantes ós que desexamos que se leven unha boa imaxe do noso Concello e non que presencien esceas tan pouco agradables como as sinaladas nesta nota.
Celestino Garcia Paz
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



