Burela, 7 de marzo de 2017. O equipo de goberno levará ao pleno ordinario previsto para o día 30 deste mes unha amortización de débeda por importe de 630.000 euros de partidas correspondentes ao crédito subscrito hai anos para facer fronte ao pago a provedores e a préstamos derivados da escisión de Cervo e Burela.
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “este mes corresponde facer un pleno ordinario, que vai ser o 30 de marzo, se non temos que cambiar a data por algunha razón de peso. Entre outros puntos imos tratar un que me parece moi importante para o Concello de Burela, que é a amortización de débeda que temos aí que procede do que fora o pago a provedores, que xa se fixo hai tempo”.
O rexedor subliñou que “o ano pasado, no último trimestre, fixemos un adianto do pago deste préstamo de 350.000 euros, e agora imos aprobar a amortización doutros 527.857 euros, co cal esta débeda quedaría a cero”.
Para o alcalde “é unha boa cousa para o Concello porque temos agora un remanente de tesourería, que hai que aproveitar e o único que permite neste momento a lei e aproveitalo para pago de débeda. Facendo isto imos pouco a pouco deixando o Concello nunhas condicións económicas moi vantaxosas e espero que moi boas para o conxunto dos veciños de Burela”.
Alfredo Llano engadiu que “tamén imos amortizar, porque corresponde facelo no mes de xuño, outra débeda que tíñamos aí pendente aínda da escisión de Cervo e Burela, que xa está a punto de culminar. Quedan agora 103.000 euros que se van rematar de pagar. Das tres débedas que tiña o Concello con entidades bancarias, soamente vai quedar unha, que é a do préstamo que fixera no seu día a Xunta de Galicia para favorecer a escisión de Cervo e Burela. Pero esa débeda como non se pagan intereses non corre tanta presa, e anda agora aproximadamente en 670.000 euros o que queda por amortizar”.
O alcalde burelés considera que “é positivo que vaian estas dúas amortizacións neste primeiro semestre deste ano, e polo tanto queda xa o Concello de Burela nunha situación económica espero que moi boa para afrontar novos retos cara ao futuro”.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



