Burela 7-3-17. “Historicamente o equipo masculino nunca conquistou a Copa Xunta e para nós é moi importante como club. Para nós é unha obriga pasar á final e imos xogar este partido ao 120%” así de contundente se amosaba Tomás de Dios en vésperas da cita de semifinais de Copa Galicia, que medirá o Pescados Rubén Burela FS ao Prone Lugo AD, de Segunda División (mércores 8, 21.00 horas, pavillón municipal de Lugo).
Este será o segundo compromiso de De Dios na traxectoria irmandiña á fronte dos burelistas; en cuartos o Pescados Rubén impúxose ao Cidade de Narón por 1-2. A cita con arrecendo a derbi provincial chega nun bo momento para os da Mariña, tras romper a mala dinámica da liga e nunha semana sen axenda de competición regular en Primeira: “É un partido que nos axuda porque seguimos competindo, nunha semana sen liga, pola Copa de España, aínda que preparalo en dous ou tres adestramentos, como temos, é un pouco máis complicado”, explicaba o técnico laranxa, facendo referencia “á defensa, non na de inferioridades senón na posicional” como a clave para coarse na final e advertindo da dificultade dunha cita a un só partido e lonxe de Vista Alegre: “Xogar fóra da casa sempre implica unha complexidade engadida e máis cando é unha competición de eliminatoria, independentemente da situación de liga y da categoría na que xogue o rival”.
A última vez que se viron as caras lugueses e burelaos foi esta tempada, na primeira eliminatoria da Copa do Rei, con 3-5 a favor dos da costa.
O cadro mariñán realizará esta tarde, ás 19.30 horas, o último adestramento antes da cita copeira.
Noia FS-Santiago Futsal. O outro billete para a final decidirase o xoves, ás 21.00 horas, entre o Noia FS e o Santiago Futsal.
Convocatoria provisional Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 31. José Carlos























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
