113 mulleres asistirán á cea que organiza o Concello de Cervo, con motivo do Día Internacional da Muller, mañá sábado, 11 de marzo.
Con estas cifras, completouse o aforo do restaurante no que se vai celebrar, tal e como confirmou a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada.
A Cea da Muller será ás 22:00 horas, no restaurante Boavista. Alí entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís, que se estivo xogando durante as últimas semanas, e haberá regalos sorpresa para as asistentas.
Previamente, haberá unha exhibición de Taichí, ás 19:00 horas, a cargo da Asociación Alborada, e o Grupo Ardora de San Ciprián representará a obra Mal Social, no Auditorio Municipal, ás 19:30 horas.
A xornada rematará con baile a cargo do Dúo Sintonía, a partir das 00.00 horas, na Casa do Mar.





















Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



