Mondoñedo (Lugo), 25 de marzo de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu esta mañá ao Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo para participar na homenaxe que esta vila lle rende ao que, desde hoxe, é o seu fillo predilecto: o artista e deseñador Xosé Vizoso.
García Gómez subliñou que, “coa declaración de fillo predilecto, Mondoñedo honra a Xosé Vizoso, mais xa Xosé Vizoso honrara antes a súa vila natal ao crear unha obra tan comprometida con Galicia que a cultura galega da segunda metade do século XX non se pode entender sen a súa achega, especialmente a través de Sargadelos e de Edicións do Castro”.
A canda o responsable da política lingüística da Xunta de Galicia, interviñeron no acto de homenaxe María Elena Candia López, alcaldesa de Mondoñedo; Pilar García Porto, deputada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo; Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo; Juan Puchades, escultor e primeiro profesor de debuxo do homenaxeado e mais o propio Xosé Vizoso.
Homenaxe colectiva
A homenaxe a Xosé Vizoso organizárona a Asociación As San Lucas e o Colectivo Mondoñedo É… coa colaboración co Concello de Mondoñedo e coa Deputación Provincial de Lugo e, no seu decurso, a alcaldesa da vila entregoulle ao artista a medalla e o diploma correspondentes polo seu nomeamento como Fillo Predilecto de Mondoñedo e presentouse o libro “Homenaxe a Xosé Vizoso. Fillo Predilecto de Mondoñedo”, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo e no que colaboraron case un cento de persoas.
O acto de homenaxe estivo conducido polo dinamizador cultural Fran Bouso e amenizado polo coro Mestre Pacheco. Foi seguido dun xantar de confraternidade ao que acudiron máis de 200 persoas.
Sinal de identidade de Galicia
Xosé Vizoso é muralista, cartelista, escenógrafo, escultor, ilustrador e un dos deseñadores máis representativos de Sargadelos dende a súa incorporación, da man de Isaac Díaz Pardo, a esta empresa industrial, artística e cultural que constitúe un dos sinais de identidade da Galicia da segunda metade do século XX.
Nacido en Mondoñedo en 1950, tivo como mestres a Juan Puchades, Luís Seoane e o propio Isaac Díaz Pardo. En 1968, tras superar unha convocatoria para deseñadores, foi contratado en Cerámicas do Castro, de onde pasou á nova fábrica de Sargadelos, en Cervo, cando esta se inaugurou en 1970. Alí exerceu como máximo responsable do departamento de deseño durante case corenta anos. Rematou a súa vida laboral no Instituto Galego de Información (IGI), onde traballou pola recuperación da memoria histórica, económica e cultural de Galicia. Desde 1992, reside en Brión (A Coruña).
Ademais do seu labor vencellado a Sargadelos, cómpre destacar outras dúas facetas: a de cartelista -con máis de 130 obras destinadas a promover As San Lucas de Mondoñedo ou a Romaxe de Santa Minia de Brión, entroutros eventos- e a de ilustrador de máis de 60 títulos editados por Edicións do Castro, Editorial Celta e outras.
É membro do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas e ilustrador de varias obras do autor de Gres, recibiu en 2013 o premio Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal polo seu alto grao de compromiso e defensa da lingua galega e a Federación de Entidades Galegas de Cataluña acaba de concederlle o Premio Alecrín na súa edición 2017.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



