Ribadeo, 28 de marzo de 2017. Recepción esta tarde no Concello ribadense ao deportista paralímpico local Iván Lindín, que ven de conseguir dúas medallas no Campionato de España de Tiro Olímpico. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, David Rivas; e o técnico municipal de Deportes, Iván López. Iván Lindín recibiu unha figuriña en recoñecemento ao seu traballo e esforzo.
O edil de Deportes sinalou que “estamos na nosa cita anual con Iván, que marcamos o ano pasado cando estábamos celebrando un ouro e un bronce no campionato de España de tiro olímpico e un ano despois parece que Iván non quere fallar á súa cita con nosoutros e, por suposto, nosoutros tampouco con el”.
David Rivas dixo: “serían moitas as cousas que se poderían dicir dun deportista como Iván Lindín. Poderíase falar de traballo, de disciplina, de espírito de superación, pero todo o que se diga non serían máis que palabras; e realmente a nosoutros o que nos gusta son os feitos e no caso de Iván os feitos falan por si sos: este ano dúas novas medallas, un ouro e unha prata, que non só pasan a engrosar o palmarés individual de Iván senón que dalgunha forma tamén pasan a engrosar o palmarés colectivo do deporte ribadense e todas as persoas, que dunha maneira ou doutra, formamos parte del sentimos un enorme orgullo, celebramos os seus éxitos e incluso nos sentimos partícipes deles. Cando gaña un deportista ribadense sentimos que gañamos todos e que gaña todo o concello de Ribadeo”.
O concelleiro nacionalista declarou que “sentimos un orgullo enorme de contar en Ribadeo cun deportista como Iván, tanto no ámbito deportivo como no persoal. Este tipo de deportistas que escollen o camiño difícil, o dos deportes minoritarios, os deportes nos que ao final acaban pagando con cartos do seu peto porque non hai detrás grandes patrocinadores que asuman os gastos que conleva a práctica dunha disciplina deportiva así”.
E engadiu: “este acto de hoxe pode parecer un premio a Iván por unha nova tempada exitosa, pero sen embargo é todo o contrario: realmente penso que é Iván o que nos premia a nosoutros ano tras ano co seu traballo, o seu talento e os seus éxitos; ou sexa este acto é simplemente a forma que temos nosoutros de darche as grazas. Entón moitas grazas, unha vez máis parabéns e de hoxe nun ano, se che parece ben”.
Pola súa banda o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, manifestou que “é un orgullo para Ribadeo e ademais hai que poñer de relevo que o ano pasado con moi bo resultado tivo un ouro e un bronce e este ano, un ouro e unha prata. É dicir, este home é imparable. A capacidade de autocontrol, de traballo e de esforzo están premiadas porque acaba sendo o mellor entre moitos de todo o Estado; por iso está hoxe aquí. Para el é unha honra, pero como di o meu compañeiro David para nós e para todo os veciños é moito máis, porque ademais é un deporte tan minoritario que outros por moito menos saen no telexornal na sección de deportes cada dous por tres. E esta persoa reiterando o campionato de España estamos honrados de que a través de este acto se dea a coñecer nos medios de comunicación, pero igual non vai moito máis aló desta comarca porque é así, porque son deportes moi minoritarios pero que, polo tanto, deben ter moito máis orgullo e recoñecemento. Entendo que para ser campión de España hai que ter moita concentración, moito talento e moita capacidade de superación, porque estás conseguíndoo outro ano máis, pero con mellores resultados”.
O rexedor felicitouno “no nome da Corporación e de todos e todas os que formamos parte deste pequeno concello que se chama Ribadeo, teño que darche as grazas e animarte a seguir así”.
E Iván Lindín dixo: “moitas grazas por este acto. Fai pouco no campionato provincial de Lugo estiven falando con Manolo Cadramón e tamén comentou na entrega de premios que o tiro olímpico é o deporte que máis medallas lle dá á provincia de Lugo, moi por encima do fútbol, do baloncesto e todos estes deportes maioritarios. En Lugo hai un par de clubs, sobre todo un deles, moi potentes, que traballan moito desde a base. Formaron unha escola, traballan moito con nenos, están en todas as categorías e todo ese esforzo vese. Como isto como anécdota porque é un deporte minoritario, pero mira o que devolve”.
O deportista ribadense engadiu: “eu teño que agradecer que sempre vos acordades de min, non só para estas cousas, e teño que pedirvos, como representantes do Concello, que sigades apoiando este tipo de deportes minoritarios que a xente non coñece e para os que non hai instalacións. Anímovos a seguir por este camiño”. E tamén fixo unha chamada á mellora da accesibilidade en Ribadeo: “penso que se debe e se pode mellorar. Hai un par de asociacións que vos poden axudar, que vos poden dar a súa opinión a este respecto”. Iván Lindín estivo acompañado neste acto pola súa nai.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



