Lugo, 4 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe “a beleza e a tradición secular” da Semana Santa de Viveiro, que se celebra dende o século XIII, o que a converte nunha das máis antigas de Galicia.
O delegado realizou estas declaracións durante a presentación do evento na Delegación Territorial da Xunta, no que tamén participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o presidente da Xunta de Confrarías de Viveiro, José Veiga; e a portavoz desta entidade, María Carmen López Gómez, respectivamente.
A Semana Santa de Viveiro está declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013, converténdose na primeira Semana Santa de Galicia en conseguir esta distinción. Por este motivo, a Xunta colabora coas Confrarías achegando un financiamento de 40.000 euros a través de Turismo de Galicia, para a organización da vintena de actos que integran o programa deste ano.
O delegado territorial aproveitou a presentación para realizar “un recoñecemento expreso ao inxente e esforzado labor da Xunta de Confrarías e das devotas e devotos que as integran, así como ás xentes de Viveiro, porque a historia, a imaxinería e a proxección exterior desta cita só é posible grazas á súa implicación e o seu fondo compromiso”.
Destacou, así mesmo, que “ademais do seu carácter eminentemente relixioso, a Semana Santa viveirense tamén é considerada como un acontecemento cultural, popular e de atracción turística”.
Na organización dos actos participan un total de oito Confrarías e Irmandades -que compoñen a Xunta de Cofradías-; as máis veteranas datan do século XIII e século XIV.
O pregón deste ano terá lugar o sábado 8 ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz e estará a cargo do Director de produción no grupo Cerdeimar Industria Alimentaria, Perfecto Ángel Parapar Trasancos.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



