Ribadeo, 26 de abril de 2017. Oito mestres de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) participan desde o 24 ao 30 de abril nas saídas formativas á República Checa e a Croacia. Fano dentro do proxecto Conocimiento y Formación para la Empleabilidad.
Catro dos mestres de Apaga atópanse en Olomouc, na República Checa, onde visitan centros educativos de FP e empresas vinculadas co sector da automoción. E outros catro profesores están nestas datas en Zagreb, en Croacia, achegándose aos centros de FP e a empresas, onde están a manter a reunións de traballo sobre os obxectivos deste proxecto educativo. Álvaro Doural, o presidente de Apaga, lembra que “están a abordar a empleabilidade na FP, o atractivo e a dimensión internacional das organizacións do consorcio, o traballo para baixar os niveis de fracaso escolar na FP, impulsar medidas de loita contra o abandono escolar, a mobilidade dos alumnos en prácticas ou a mellorar as competencias en linguas estranxeiras nos centros educativos”.
Apaga aproveita estas viaxes formativas para dar a coñecer os atractivos turísticos do norte de Lugo, dentro do proxecto de internacionalización no que leva meses traballando. Doural explica que “estamos a distribuír nestas saídas formativas do profesorado exemplares da guía The North of Lugo, editada por esta asociación e por Faro Norte Comunicación”.
A saídas formativas de Apaga neste 2017 deron comezo en marzo coas viaxes a Francia e Dinamarca, seguen agora coa presenza en Croacia e na República Checa e continuarán en maio por Portugal, Finlandia, Alemaña e Austria.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



