Lourenzá, 26 de abril de 2017. A Festa do Maio de Lourenzá, que se celebrará o vindeiro luns, día 1, incluirá este ano como novidade o primeiro concurso infantil de sombreiros.
A Concellería de Cultura de Lourenzá está a programar a festividade do 1 de maio. Como tódolos anos Os Maios e a Madalena percorrerán as rúas laurentinas vestindo de cor e música todos os recunchos da vila. Como principal novidade este ano o Concello convocou o primeiro Concurso de Sombreiros do Maio, dirixido a tódolos nenos e nenas de 0 a 12 anos. Os sombreiros poden estar realizados con materiais diversos pero sempre facendo mención á conmemoración da data que se celebra: o maio ou a primavera.
A Concellería de Cultura fai un chamamento aos veciños e veciñas para que ese día tomen a iniciativa e decoren os balcóns e portais das súas vivendas con flores e plantas facendo honra a esta festividade.
A programación de actividades para o vindeiro luns, 1 de maio, en Lourenzá empezará ás 16:30 horas coa saída dos Maios e da Madalena do mercado comarcal gandeiro para percorrer as principais rúas da vila enchéndoas de colorido. A escola de música da asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, será a encargada de poñer o toque musical ó longo do desfile. Ao remate do percorrido, sobre as 18:20 horas, na Praza do Conde Santo haberá un desfile dos sombreiros do Maio e a entrega do premio para o mellor. Tamén se darán os premios do segundo concurso Unha postal para mamá, organizado pola ACIAL e cuxos traballos estarán expostos na entrada da Casa do Concello. Ademais haberá un espectáculo de títeres a cargo de Mircromina coa representación Gyrovagus, enmarcado dentro do programa Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia.
O Concello de Lourenzá agradece a colaboración prestada por tódolos veciños e veciñas que axudan na preparación deste evento e tamén a colaboración da asociación Osorio Gutiérrez, ACIAL, membros de Protección Civil e persoal do Concello.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



