Foz, 4 de maio de 2017. A Consellería do Mar analizará a proposta que lle presentou a asociación A Ribeira para ampliar as prestacións para os usuarios da dársena de Portochico, en Foz. Para abordar ese asunto hoxe celebrouse en Santiago unha reunión na que participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; e os tres directivos da asociación A Ribeira: o presidente, Alberto Burundarena Maseda; o secretario, Estanislao Moreda Rodríguez; e o vocal Ramón Cajoto Sante.
Despois da xuntanza o rexedor municipal focense explicou que “foi unha reunión moi interesante para valorar as posibilidades de mellorar a funcionalidade da dársena de Portochico, que é unha das dúas que ten o noso porto. Por parte da delegación focense temos que agradecer a atención que nos dispensou a conselleira, sabendo a problemática que existe de falta de calado nas dúas dársenas e as limitacións que a día de hoxe teñen os usuarios, tanto os pesqueiros como os da náutica deportiva en Foz”.
Javier Castiñeira engadiu: “confórtanos saber que está moi avanzado o dragado da dársena interior do porto, pero para a parte de Portochico, que ten un potencial moito maior do que ofrece actualmente, a proposta que se fixo por parte dos directivos de A Ribeira eu creo que é moi interesante. De feito vaise analizar por parte dos técnicos da Consellería para ver se é viable e poder nun momento dado, segundo os estudios que se teñan que facer, ampliar a oferta que pode dar Portochico simplemente cuns pequenos cambios estruturais”.
O alcalde de Foz rematou dando as grazas “desde á delegación focense á conselleira, Rosa Quintana; ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; e ao presidente de Portos, José Juan Durán, por escoitarnos e ver as demandas dos usuarios do porto de Foz”.





















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



