Nota de Prensa
EN DEFENSA DO PARQUE EMPRESARIAL DE O VALADOURO
Ante os graves acontecementos acaecidos ultimamente con respectos ó parque empresarial de O Valadouro creémonos na obriga de informar os nosos veciños da situación real do mesmo:
· Con data do 30 de maio do 2009 a xunta de goberno do Concello de Alfoz formula unha alegación ó proxecto do parque empresarial de O Valadouro instando á paralización do mesmo en tanto non solucionen os problemas urbanísticos nese concello.
· Con data 30 de outubro a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestucturas, a pregunta formulada polo grupo socialista confirma a alegación do concello de
Alfoz.
· O Valadouro perde o tren: non foron capaces de executar ata o de agora o parque empresarial con a consecuente marcha das empresas para fora do noso Concello.
· Non temos porque pagar nos a falta de planeamento do Concello de Alfoz, nin porque facer seguidismo das súas decisións.
Po todo elo convocase unha charla informativa que se celebrara no salón de actos da casa da cultura o xoves día 10 as 21:00 h.
















O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.
Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oito paneis de carácter didáctico que repasan a historia do santuario, as súas pinturas medievais, góticas e marianas e a súa relación cos Camiños do Norte. O acto enmarcouse no inicio das festas, que concluíu coa lectura do pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo.
Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos López López, e de representantes institucionais de ABANCA e Afundación. A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 3 de xullo en horario de 14.00 a 20.00 h, forma parte do proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión artística por toda Galicia. A exposición reúne corenta fotografías procedentes dos arquivos da Axencia EFE que retratan a emigración española e galega ao longo do século pasado, ofrecendo unha mirada humana e documental sobre a historia de millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu país para sobrevivir.



