Burela, 8 de maio de 2017. O salón de plenos acolleu esta tarde a recepción ofrecida polo Concello ao equipo xuvenil do Burela FS, campión de liga de División de Honra na súa categoría. Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, así coma o presidente e o director xeral do Burela FS. O equipo recibiu unha placa como agasallo e recoñecemento.
O edil socialista subliñou que “as categorías inferiores do Burela FS seguen a dar os seus froitos, aínda que este non sexa un ano excesivamente para as superiores, pero hai que seguir traballando e loitando para estar aí arriba. Os máis novos veñen pegando forte, hai unha base feita para competir noutras categorías e para seguir dando a coñecer o traballo dos clubs de Burela, así como a promoción do noso pobo pola xeografía española adiante”.
Ramiro Fernández Rey dixo que “estamos orgullos das bases dos clubs de Burela e desde o Concello animámolos a seguir nesa liña de traballo, porque nuns anos o seu esforzo verase reflectido competindo nas categorías superiores ou na elite deses deportes”.
O concelleiro de Deportes en nome do Concello deséxalles sorte aos rapaces do equipo xuvenil do Burela FS nas eliminatorias a nivel nacional que van ter agora. O sábado xogan en Valencia.