Burela 18-5-17. A escritora caboverdiana Amália Faustino estará de visita en Burela entre os próximos días 22 e 25 de maio. Con este motivo -tal vez a primeira ocasión en que un escritor ou escritora caboverdiano residente no arquipélago visite a comunidade de compatriotas aquí asentados desde 1978-, o IES Perdouro organizou unha intervención educativa coa poesía como elemento de relación fraternal entre os pobos.
Ás 11:45 da mañá do próximo martes, o alumnado reunirase no patio do centro escolar, onde coñecerá a escritora convidada e con ela compartirá un recital de poesía. Ademais das composicións propias de cada unha das persoas que recite, tamén está prevista a declamación conxunta do poema “Irmáns!, co que Celso Emilio Ferreiro defendeu a convivencia entre os diferentes pobos do mundo (“Por encima de muros e valados, como un irmau che falo”).
Dado que entre o alumnado do IES Perdouro existe unha porcentaxe elevada de mozos e mozas de procedencia inmigrante, nos últimos anos o centro escolar realizou un grande esforzo humano e económico para o fomento dunha educación inclusiva. Por esta iniciativa innovadora, tanto colectivamente o centro como individualmente varios alumnos e alumnas recibiron diversos premios outorgados por entidades públicas e privadas.
Nacida na Calheta de San Miguel (na Illa de Santiago, a mesma en que está Praia, a capital), Amália Faustino é licenciada en Estudos Caboverdianos e Portugueses e ampliou estudos coa licenciatura en Educación (Na Universidadade do Miño, en Braga) e co Mestrado nesta área (na Universidade Clásica de Lisboa). Profesionalmente, ten experiencia educativa en todos os niveis: do ensino primario (en diversos puntos da Illa de Santiago), pasado polo secundario para chegar á docencia universitaria.
No referente á literatura, aínda que confesa ter escrito poesía desde os 14 anos, Amália Faustino di que a seguridade para publicar chegoulle tardiamente, con motivo dun curso de especialización realizado na Universidade de Cabo Verde por volta de 1990. En 2015 obtivo mención no Premio Internacional da Poesía Nosside (Alianza Global para a diversidade cultural) celebrado na rexión italiana de Calabria, onde foi a única representante das terras africanas.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



