Mondoñedo, 30 de maio de 2017. O mindoniense Martín Martínez, veciño da parroquia de Lindín, proclamouse por segunda vez Campión Provincial de Caza na especialidade de rastro de xabaril, co seu can “Paco”. Este campionato celebrouse a pasada fin de semana no Monte do Cristo de Portomarín .
Este mindonienses é a segunda vez que gaña este campionato nesta especialidade, a anterior foi no ano 2015. A puntuación actual coa que conta é 200 puntos, polo tanto formará parte da selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego que se celebrará a mediados de xuño en Pazos de Borbén, Pontevedra.
Martín Martínez dixo sentirse moi orgulloso de acadar este novo título provincial. “Estou orgulloso e ledo de que se este novo premio veña para Mondoñedo, por iso quero compartilo con toda a miña cuadrilla e coa miña familia porque sen eles non sería ninguén. Son da parroquia de Lindín de Mondoñedo, e alí foi onde aprendín a amar a natureza e os animais e desfrutar de todo o que nos ofrece aquel entorno privilexiado”, explicou.
Por último dixo que para a competición do Campionato Galego “vou a prepararme a tope, e adestrar para poder estar entres os mellores, e acadar algún titulo máis”, resumiu.





















“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



