Burela, a 7 de xuño de 2017.- “O alcalde di mui poucas verdades, é pouco serio e por riba pouco traballador”. Ésta é a conclusión que o Grupo Municipal Popular (GMP) burelés saca, logo de ver que “no concello non hai absolutamente nada sobre o plan de tráfico que o alcalde anunciou varias veces”.
Os populares indican que “o pasado venres día 2 foinos contestada unha petición de documentación que tiñamos formulada regulamentariamente para poder ter acceso ou copia da documentación existente relativa á elaboración dun plan de tráfico. A resposta é concluinte, oficialmente, non hai nada de nada, ningunha documentación, nin elaborada por empresa externa, nin por persoal municipal”.
Desde o GMP lembran que “o alcalde dixo hai un ano que cando se abrise o acceso ó porto habería que ver de reformular o tráfico en Burela; cando efectivamente se abreu o acceso, volveu a insistir sobre o asunto, chegando a decir que xa se estaba traballando nese pretendido plan de tráfico, algo que volveu a reiterar ás poucas semanas. E agora resulta que non hai nada de nada”.
Os edís populares afirman que “así sabemos cómo é a ética do alcalde, o seu código de conducta e comportamento. Este home só fai lanzar globos sonda, para ver cómo respira a xente, pero facer, o que é facer, non fai nada. E o peor xa non é que non faiga nada, o peor é que dice que fai cando non fai, e esa actitude defínese con un verbo e con un calificativo”.
Os membros do GMP indican que “nós tíñamos moitas dúbidas sobre a existencia real de documentación ó respecto, xa que afirmamos que non houbera reunións con ninguén sobre este asunto e non se nos rebateu. Mesmo no pleno do pasado 30 lle pedimos que suspendese un momento o pleno para subir ó seu despacho a recoller a documentación e así poder ensinarlla a todos os asistentes, pero deu a calada por resposta”.
Os populares dubidan de que o alcalde poida dar explicacións convincentes: “xa veremos con que nos sae. Ainda que tamén o concelleiro de Tráfico, Fernández Rey, debería dar explicacións sobre este asunto, porque a súa xestión estase limitando a gastar as subvencións que lle conceden, pero iniciativa propia, cero patatero”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



