Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2017.- A campaña Cooperativismo en movemento, coa que a Xunta levará ás vilas galegas as vantaxes deste modelo empresarial, comezará mañá en Foz con exposicións e o espectáculo de humor Salvar o cooperativista Adrián do monologuista Marcos Pereiro. A Praza Conde de Fontao acollerá esta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que está enmarcada dentro da programación prevista para o mes previo ao Día do Cooperativismo Galego, que se celebrará o sábado 1 de xullo.
O actor e humorista galego Marcos Pereiro presentará ás 19,00 horas o seu monólogo. Estará acompañado pola banda sonora en directo do pianista Cristian Leggiero e través de diferentes elementos e recursos, combinados co seu particular humor, amosaranlle ao público asistente o que se pode chegar a facer cooperando cos demais e incluso cun mesmo. Ademais do espectáculo, tamén poderá visitarse unha exposición sobre o cooperativismo galego que se instalará na mesma praza. En caso de choiva colocarase unha carpa para que nada impida desfrutar da xornada.
Cooperativismo en movemento percorrerá tamén as localidades de Chantada, Pontevedra e Vilanova de Arousa, na provincia pontevedresa; Porto do Son, na coruñesa; e no Carballiño, na ourensá.
Outra das iniciativas que a Xunta está levando a cabo para celebrar o mes do cooperativismo é a entrega de premios do certame Cooperativismo no ensino, unha iniciativa na que resultaron galardoados o IES Pino Manso do Porriño (Pontevedra); o CEIP plurilingüe Domaio de Moaña (Pontevedra); o IES Sanxenxo de Portonovo (Pontevedra); o CPI Monte Caxado de Ferrol; o CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros (Lugo); o IES Monte Neme de Carballo (A Coruña); e o CEIP Sestelo Baión, en Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Por último, o 30 de xuño, terá lugar unha xornada de portas abertas co obxectivo de que as cooperativas poidan mostrar o seu labor á cidadanía. Esta programación rematará o 1 de xullo coa celebración do Día do Cooperativismo en Galicia.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



