Lugo, 15 de xuño de 2017. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este xoves na inauguración de Expocidades 2017, a feira turística do Eixo Atlántico que, nesta ocasión, se celebra na localidade lusa de Vila Real ata o vindeiro sábado. O Goberno da Deputación promociona a provincia de Lugo en Portugal poñendo a disposición de todos os Concellos da provincia o seu stand para dar a coñecer e promocionar as potencialidades turísticas da provincia, tanto no seu conxunto, como a nivel individual. A carpa atópase situada na Alameda de Grasse e estará aberta ao público durante as 3 xornadas, nun horario de 11:30 a 22:00 horas.
Vidal Baamonde subliñou que “a provincia de Lugo caracterízase pola súa diversidade cultural e paisaxística, aportando unha oferta turística variada e singular que ofrece ao visitante múltiples posibilidades para vivir unha experiencia única. Hoxe contamos con representación dos catro xeodestinos por excelencia: a Mariña Lucense, Lugo e Terra Chá, Ancares-Courel e a Ribeira Sacra, polo que todos os visitantes do Expocidades 2017 poderán coñecer as potencionalidades infinitas da nosa provincia”.
O Deputado de Turismo engadiu que “con esta iniciativa, ofrecemos información sobre destinos clave na provincia como son os Camiños de Santiago; as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, a Ribeira Sacra, A Mariña e a Terra Chá”.
Tamén se dará promoción aos Concellos que finalmente decidiron sumarse á proposta do Goberno da Deputación. Estes son: Vilalba, Cervo, Viveiro, Mondoñedo, Baleira, Meira, Burela, A Pontenova e Xermade. Ademais do espazo da Deputación de Lugo, integrante do Eixo Atlántico, a provincia estará tamén representada polos Concellos de Monforte de Lemos e Lugo, que terán stands propios por seren municipios que integran esta entidade de colaboración transfronteiriza.
Expocidades é un escaparate único para dar a coñecer a diversidade turística lucense non só no país veciño, senón tamén de fóra pois, de media, esta feira de turismo conta cuns 6.000 visitantes chegados de diferentes países de Europa.
Durante a fin de semana, realizaranse tamén de xeito paralelo outras actividades como degustación de produtos típicos de cada municipio, actuacións musicais e de teatro, proxección de documentais ou encontros turísticos para profesionais do sector.
XII Xogos do Eixo Atlántico
O Goberno da Deputación, ademais, decidiu achegar 100.000 euros para que Lugo acolla por 1ª vez os Xogos do Eixo Atlántico. Esta proba deportiva, organizada conxuntamente polos Concellos de Lugo, Monforte, Sarria e a Deputación de Lugo, dará comezo o día 4 de xullo e rematará o día 9. Participarán ao redor de 2.000 atletas, dos que 1.500 chegarán de fóra da provincia.
Nesta edición dos xogos haberá tres sedes, dependendo das modalidades deportivas. Así, nas instalacións da cidade de Lugo disputaranse as competicións de fútbol 7 masculino, natación e natación adaptada, atletismo e adaptado (tanto en pista como en cross) e baloncesto masculino e feminino; en Monforte celebrarase a disciplina de voleibol feminino, mentres que en Sarria terán lugar as modalidades de balonmán masculino e ximnasia rítmica, sendo esta a novidade desta edición.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



