A Escola de Imaxe e Son de Lugo da Fundación TIC ten aberto o prazo de preinscrición de matrícula gratuíta para o curso 2017-2018 ata o vindeiro venres, 23 de xuño. A EIS ofrece 40 prazas de primeiro nos Ciclos Superiores de Realización e Produción de Audiovisuais e Espectáculos. As titulacións necesarias para acceder ao único centro da provincia que imparte ensinanza da rama audiovisual son bacharelato, técnico medio ou superior ou universitaria.
Lugo 15-6-17. A listaxe de admitidos, espera e excluídos publicarase o 26 de xuño, no taboleiro de anuncios da EIS e na web da TIC, www.fundaciontic.org. Haberá catro días para posibles reclamacións, do 27 ao 30 de xuño, antes da publicación definitiva o 3 de xullo. Os interesados teñen que presentar a fotocopia do DNI, certificación académica e cumprimentar a solicitude a través de internet ou na propia EIS. A documentación entregarase na sede do centro, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n de Lugo.
O prazo de matrícula ordinaria permanecerá aberto do 4 ao 20 de xullo. O impreso necesario e resto de documentación pode descargarse na web da Fundación, para formalizar a tramitación na EIS, en horario de mañá, de 9.00 e 14.00 horas.
Formación gratuíta de calidade
A Deputación mantén a gratuidade da matrícula por décimo curso consecutivo para todos os alumnos e alumnas, agás os repetidores. Deste xeito, o organismo provincial aposta, un ano máis, por unha educación de calidade en igualdade de condicións. A Escola de Imaxe e Son de Lugo imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos, nos que se da prioridade ás prácticas en escenarios reais, de cara á inserción laboral dos futuros profesionais.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



