Burela, 23 de xuño de 2017. O Consello Federal da FEGAMP, ao que asistiu o alcalde de Burela, Alfredo Llano, decidía na súa última xuntanza estudar co Consorcio de Igualdade e Benestar a xestión das escolas infantís e reclamar á Xunta maior axilidade na concesión de axudas aos concellos para contratar aos socorristas que traballarán nos areais este verán. Nese pleno aprobaba ademais a conta xeral do 2016 e o orzamento para o 2017 que ascende a 1 millón de euros.
Llano contou que “estivemos falando de moitas cousas que corresponden a todos os concellos de Galicia, hai unha serie de temas nos que estivemos traballando. A verdade é que hai moitas cousas que se poden falar dos concellos dentro dun parámetro que consideramos que debe ser válido para todos os que conformamos a Fegamp en Galicia, que son todos os concellos”.
Alfredo Llano explicou que “do primeiro que falamos foi da política social. Estamos pendentes dos convenios das escolas infantís, para perfilar a súa xestión. Hai moita preocupación de cómo se fixera o convenio e cómo vai afectar ao futuro económico dos concellos. A Burela e a todos os concellos de A Mariña van vir xente do Consorcio, dunha comisión que xunto cos responsables dos concellos, onde van decidir cómo afecta o convenio, cómo vai ser o pago, cómo vai ser o mantemento e cómo se vai repartir a responsabilidade da xestión tanto dos concellos como do Consorcio de Igualdade e Benestar. Nosoutros en Burela temos o convenio ultimado e consensuado, e agora hai que agardar a que veña esta comisión para ver cómo lle afecta ao noso concello”.
O alcalde burelés subliñou que “nesa xuntanza da Fegamp estivemos falando tamén do transporte porque agora mesmo hai moita preocupación. Queremos que todos os núcleos de todos os concellos teñan a súa oportunidade de transporte, que todos estean enlazados coa capitalidade da provincia e todas as provincias enlazadas mediante un bo servizo transporte público. Tamén nosoutros reclamamos que se atendan as necesidades do transporte de tren, algo polo que na Mariña estamos preocupados e que nos afecta directamente”.
Llano relatou que “miramos tamén os plans de cooperación, estas axudas que dá a Xunta de Galicia para cubrir postos de traballo que reclaman os concellos como por exemplo o que é agora necesario, que son os socorristas. Os que temos necesidade de socorristas non nos dixeron absolutamente nada con claridade. Nosoutros reclamamos para Burela 10 socorristas e soamente se nos mandou unha carta de que podíamos ir facendo os trámites, pero sen dicirnos para nada nin con cantos socorristas podíamos contar nin canto tempo, o cal é moi grave dado que queremos empezar o día 1 de xullo. En Burela para non meternos en responsabilidades que non nos corresponden, nosoutros imos solicitar ao INEM oito socorristas para ir cubrindo as necesidades porque non sabemos o que vai pasar cando salgan as prazas definitivas. Quedamos en que a Fegamp solicite que isto quede claro moito antes, xa en maio e non esperar ata finais de xuño para saber cos efectivos cos que contamos”.
Alfredo Llano comenta que “falamos ademais de compartir obradoiros. Agora teñen preferencia os obradoiros compartidos, pero falouse de que é máis efectivo facelos non compartidos, senón individuais coas mesmas oportunidades para todos”.
O alcalde de Burela asegurou que “outro asunto que nos preocupa a todos os concellos é eliminar a regra de gasto que condiciona moito a facenda dos concellos, e dá lugar a que moitas subvencións non podan ser atendidas por incumprimento desta regra, ao mesmo tempo pode ter moitos cartos e en cambio a regra de gasto saia non satisfactoria polo que queremos que se elimine xa. Queremos reclamar que se poida investir o remanente que teñen os concellos. Lévase uns anos acumulando capital que vai pasando a un remanente que non se pode gastar salvo que sexa para pagar débeda, pero hai concellos como o noso que xa teñen as débedas pagadas e podíamos empregar parte dese remanente en investimentos e non o podemos facer. Queremos pedir ao goberno de España que se poidan investir eses remanentes e pensamos que para o ano 2018 ou 2019 se pode conseguir”.
Outros dos asuntos abordados nese encontros foron referidos aos tesoureiros habilitados nacionais e tamén ás Policías Locais.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



