LOURENZÁ, 6 de xullo de 2017.- O PP de Lourenzá denuncia “o estado deplorable” no que o Concello mantén as pistas de titularidade municipal. E é que, segundo indican, practicamente todos os viais que xestiona a entidade local “teñen tanta maleza que incluso se fai difícil a circulación polos mesmos”, afirman.
“O Concello é o responsable directo de manter en perfecto estado todos os camiños e pistas, e non se pode consentir o estado salvático no que se atopan a maioría dos accesos das parroquias, incluídas as vías principais do municipio”. E é que este abandono tamén se pode apreciar na franxa de seguridade das fincas privadas e dos núcleos de poboación.
Neste senso, critican a falla de xestión por parte do Goberno local facer cumprir a ordenanza que deixara aprobada o anterior goberno e que obrigaba a manter as parroquias limpas de maleza, así como outras disposicións legais que establecen que se as entidades locais non poden asumir estes traballos, se faculta aos veciños para facelo, aplicando a posteriori os custos subsidiarios.
Queixa unánime
“É unha queixa simultánea e unánime en todas as parroquias”, afirman. É por elo que a proliferación de maleza trae de cabeza aos cidadáns. Invade o acceso a pistas, así como o escaso espazo dalgunhas beiravías e ata encarama nalgunha vivenda. A vexetación, nalgúns casos, tamén dificulta a visión na circulación. Trátase, por tanto, dun “pasotismo exacerbado” por parte dos responsables locais. “É unha vergoña. Non hai mantemento”, destacan os populares.
É por este motivo polo que no último Pleno este Grupo pediu á alcaldesa polos traballos de desbroce sen obter resposta por parte do Goberno.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



