O plenario de En Marea (o seu máximo órgano decisorio) aprobou con maioría absoluta todas as propostas políticas e organizativas de Luis Villares e da dirección nacional, rexeitando as emendas todas dos críticos. Luis Villares seguerá a desenvolver o liderado orgánico canda o parlamentario e as expresións políticas parlamentarias da organización, quer en Compostela, quer en Madrid haberán de sintonizar no próximo futuro coa dirección nacional que lidera o lugués, tendo en conta a proximidade das vindeiras eleccións locais.
Certo é que só participou o 23% do censo inscrito. Mais certo é, tamén, que os `proxectos políticos en democracia defínense dende a participación e non dende a abstención. Ademáis, sería un erro grave de percepción por parte dos críticos sumar a meirande parte dos abstencionistas ás súas contas, cando en grande medida han de se sumar á desafección xerada polo continuo balbordo orgánico. A xente quere solucións sociais e políticas prácticas, imaxinativas e participativas para a súa vida cotiá e a dos seus e non batallas continuamente retransmitidas vía media e redes sociais.
Ningúen pode negar, porén, que o agora empoderado voceiro e a dirección nacional marente teñen que soldar unha fractura interna evidente, tanto facendo medrar a maré galega cara a novos sectores das maiorías sociais canto recuperando moita da disidencia. Mais, para sermos obxectivos, cómpre recoñecerlle aos máis achegados á dirección que nos últimos meses foron continuos os esforzos por acadar a integración política e orgánica desta disidencia. Falta agora saber se os diverxentes queren maximizar esta fractura. Semella que a inminencia da axenda local impedirá unha ruptura e que os alcaldes da Coruña e Compostela afondarán tamén na liña de concordia e unidade, única posíbel para se presentar perante cadanseus electores á volta de pouco máis de vinte meses .
Gañou tamén a autonomía da Maré galega fronte ás propostas máis ou menos implícitas de xogaren a ser franquicia de Unidos Podemos. Unha decisión estratéxica que lle permitirá xogar aos de Villares todas as avantaxes da centralidade do mapa político galego, afondando na cooperación política co novo PSdeG e BNG e manténdose, polo menos en parte, indemnes do abaneo –senón mareira ou forte mareira- que se anuncia no mundo podemita para as vindeiras locais.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



