VIVEIRO, 17 de xullo de 2017.- Os deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso, Daniel Vega e Jaime de Olano, acompañados de voceiros do Partido en A Mariña, denunciaron este luns “o paripé” realizado polo Partido Socialista en días pasados, criticando o abandono das infraestruturas desta comarca. Neste senso, tanto Olano como Vega, concidiron en sinalar, que “é unha mágoa que só veñan a visitarnos durante dúas horas para facerse unha foto, pois se algún Goberno ten compromiso con esta comarca son, sen dúbida, os de Rajoy e de Feijóo”, salientaron.
A este respecto, os populares lamentaron que o presidente da Deputación se prestase a participar deste asunto, pois, indicou Olano, “cremos que bastante ten con xestionar os máis 4.000 quilómetros de estradas”. Para o deputado a actitude do titular provincial demostra “que lle adica máis ao Partido que á súa institución e aos veciños da provincia”. Tendo en conta isto, recoméndanlle aos socialistas e a Darío Campos que “veñan aquí máis que a desfrutar de dúas horas. “Non sei se isto aconteceu algunha vez máis na historia”, insitíu o deputado no Congreso.
Para Daniel Vega, con tales manifestacións, os socialistas “abrazaron a mentira”, sobre todo, “se temos en conta que teñen mal a limpeza ou o pavimento das súas vías. E nos veñen esixir a nós…”, subraia o deputado no Parlamento; de aí que, ao igual que o seu compañeiro na Cámara Baixa, lles suxira aos representantes do PSOE “máis prudencia e que miren algo máis para a súa casa”.
Con todo, os populares, lonxe de mostrarse triunfalistas, xa que “por riba de todo sabemos que é necesario investir nesta comarca, o si pedimos é que se deixen de tanto titular porque co PP aquí non hai titulares, senón realidades”, afirmou Vega. Tal é así que, puntualizou: “se queren investir máis rural que o fagan, por exemplo, no concello de Ribadeo; concretamente, en treitos da estrada A Ponte-Trabada”. “Pode ser que o presidente da Deputación non saiba do que estou falar. Que chame a algunha persoa e xa verá como lle di en que estado se atopa esta vía”, sinalou.
Actuacións con investimentos concretos
Os deputados desmontaron así as declaracións realizada a semana pasada polo Partido Socialista, e para elo deron conta “telegraficamente” das actuacións que executan o prevén executar a administración autonómica e do Estado. Polo que respecta ao Goberno Central, Jaime de OIano explicou que, en 2017, a autovía A-74 (Barreiros-San Ciprián) terá todos os treitos cos proxectos adxudicados. Ademais, esta infraestrutura no próximo ano e medio verá incrementada a súa consignación, “a pesares de que os Orzamentos que aprobamos hai poucos días son para medio ano”. Esta vía dispón dunha partida de 1,8 millóns de euros no presente exercicio.
No caso da N-642, en 2016, executáronse obras entre Foz e Burela por importe de 871.000 euros en varios treitos, ata un total de 10 quilómetros. En 2017, existe unha partida de 875.000 euros para os traballos de mantemento e conservación noutros 12 quilòmetros. Esta infraestrutura inclúe, ademais, en 2018 outra partida por valor 2,1 millóns de euros. É dicir, en ano e medio, esta estrada recibirá unha aportación de 3 millóns de euros.
En canto á N-640, que vai de Ribadeo a Lugo, está sendo mellorada dende a primavera deste ano. Trátase esta dunha vía de extraordinaria importancia, pois vertebra a comarca coa capital da provincia e dispón dun investimento de 4,6 millóns de euros. Nesta materia, o voceiro de Orzamentos no Congreso tamén destacou que foi o Partido Popular o que inaugurou a A-8, así como o Goberno que pagou as expropiacións desta “custosísima vía, logo de oito anos de retraso por parte do Partido Socialista”. Nos Presupostos deste exercicio figura para esta vía de alta capacidade unha partida de 1 millón de euros para probas en tamaño real dos sistemas de protección antinéboa e 3 millóns máis para 2018.
“Son iniciativas todas elas que contribúen a mellorar a economía local, e que se demostra nos datos do paro que, en A Mariña, no último ano, descendeu un 10%, e fíxoo, ademais, en sectores tan importantes como os da hostalería, comercio e construción, apuntou Olano.
En canto aos investimentos autonómicos, destacan as obras de ampliación do Hospìtal da Costa por valor de 20 millóns de euros, que permitirán aumentar as instalacións deste centro un terzo da superficie actual. En materia de obras viarias, cabe sinalar a LU-154 que comunica os concellos de Riotorto, A Pontenova e A Pastoriza, na que se invisten 1,8 millóns de euros, así como a LU-540, que enlaza os municipios de Ourol, Xermade e Muras, e que dispón dun orzamento de 800.000 euros, ademais dos accesos ao porto de Burela “dos que, subliñou Vega, o Partido Socialista deu magníficos titulares de prensa, pero se quedou só en iso”. E, finalmente, o Corredor da Costa, do que o deputado na Cámara do Hórreo, subraiou, “que eu saiba o que o impulsou foi un presidente que se chama Alberto Núñez Feijóo”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



