Coa mesa sectorial celebrada este mércores en Ortigueria dase por concluída a consulta aos axentes do sector para decidir que atractivos naturais e culturais relacionados co mar se incluirán nos 10 paquetes experienciais que resultarán deste proyecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro financiado con fondos europeos “Galicia Norte. Mares de Experiencias”. En total, houbo 3 encontros con alta participación que demostran a implicación dos 23 concellos adheridos. Foron o deste mércores en Ortigueira, o martes en Miño e o mércores 12/07 en Viveiro.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



