Ribadeo, 19 de xullo de 2017. O Concello está a instalar 14 aparcabicis en puntos estratéxicos da vila. E tamén procede estes días ao pintado e creación de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. O investimento global nestas obras ascende a 21.000 euros, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor declarou que “como ben se poderá ver nestes días estamos a facer unha serie de pequenas obras de mellora en canto á accesibilidade de persoas discapacitadas por unha banda, así como tamén de comodidade para os usuarios de bicicletas pola outra”.
Suárez Barcia contou que “estivemos atendendo as peticións que os usuarios da asociación de discapacitados Cogami, nos suxeriron en canto á accesibilidade e mellora de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e tamén para a eliminación dalgunhas barreiras arquitectónicas nalgunhas ramplas que aínda tíñamos pendentes por aí. Tamén atendemos as opinións que nos leva manifestado desde hai algún tempo a Policía Municipal para mellorar estas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. Estamos arranxando e creando cerca de 30 en total, adaptadas á normativa e coa pintura axeitada”.
O alcalde ribadense engadiu que “por outra banda tamén varios colectivos de ciclistas, sobre todos usuarios habituais das bicis polo ámbito urbano, queren, e en definitiva queremos que Ribadeo sexa un lugar agradable para andar en bici da mesma maneira que en multitude de cidades europeas cada día é un recurso máis utilizado, san e rápido para chegar aos sitios”.
Fernando Suárez salientou que “estamos colocando unha serie de aparcabicis cun deseño singular e duradeiro, en diferentes puntos estratéxicos, alí onde os usuarios das bicicletas nos foron recomendando que deberíamos telo en consideración”.
O alcalde engadiu que “fixemos un proxecto para todo isto de aproximadamente 21.000 euros de importe e durante estes días unha empresa está facendo todas estas actuacións. Creo que agora de cara ao verán vai ser moi socorrido tanto o que ten que ver cos aparcamentos das bicis como tamén unha mellora notable da identificación destas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida”.
Suárez Barcia indicou que “tamén relacionado coa bicicleta quixemos poñer nos diferentes puntos de acceso á vila uns letreiros que poñen Ribadeo vila amiga das bicicletas, cunha recomendación da normativa que é que os condutores de turismos ou de vehículos motorizados deben manter unha separación de aló menos un metro e medio con respecto a un ciclista. É algo que está no código da circulación, pero que en Ribadeo queremos facelo visible, de aí que esteamos instalando nos accesos á vila estes letreiros para que os condutores o teñan claro”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



