Ribadeo, 19 de xullo de 2017. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá dous concertos a vindeira semana. O primeiro deles será o vindeiro martes 25 de xullo, Día da Patria, ás 20:30 horas no parque de San Francisco. Ademais o sábado 29 de xullo terá lugar o festival no que a Banda de Ribadeo actuará xunto ás formacións de Arca e de Luarca, ás 19:00 horas, tamén no parque de San Francisco.
O presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez, anuncia que “o concerto do Día da Patria Galega imos facelo no parque de San Francisco ás oito e media de tarde, se temos sorte e non chove, porque senón temos a alternativa de irnos para o Cine Teatro”.
Chema Suárez explica que “será un concerto para celebrar este día especial no que levamos anos participando e a temática vai ser fundamentalmente de temas de compositores galegos, aparte vai haber algunha sorpresa e despedirémonos co himno galego; os programas incluso van levar a letra do himno impresa por se a xente quere cantalo con nosoutros, como se fixo o ano pasado por primeira vez”.
O presidente de Amadores da Música pide que “a xente de Ribadeo nos acompañe; a Banda é unha institución que pensamos que hai que velar por ela e unha das formas que ten a xente de velar pola súa banda e ir vela; ademais son concertos sempre totalmente gratuítos e pensando no pobo. Pensamos que é un bo día para disfrutar un pouco co traballo de todos, do director e de todos os músicos xoves que estes días ademais se están involucrando para participar nos concertos que estamos facendo. Contamos ver a toda a xente por alí e que o pasen ben”.
Festival de bandas
A Banda Municipal de Música de Ribadeo actuará ademais no Festival de Bandas que terá lugar o sábado 29 de xullo ás 19:00 horas. Chema Suárez anuncia que “será no parque de San Francisco salvo que o tempo non acompañe e haxa choiva, que nos trasladaremos ao Teatro. Van acompañarnos nesta ocasión a Banda de Arca (O Pino) e a Banda de Luarca, esta última veciños nosos do Occidente asturiano”.
O presidente de Amadores da Música insiste en “que a xente nos acompañe. Pedimos aos veciños de Ribadeo que se acheguen a ver á súa banda. Toda colaboración é pouca. Estamos as bandas, como sempre digo, non a de Ribadeo senón en xeral, con falta de determinados músicos. De feito para este festival o director, David Ballester, que foi quen se encargou de contactar con distintas bandas, unhas por falta de presuposto non podían afrontar a viaxe e outras por problemas de músicos non se animan a saír”.
Chema Suárez di que “nosoutros, aínda que nos fan falta músicos de determinados instrumentos, contamos cunha plantilla para este verano máis ou menos estable, dunhas 40 persoas, que non está nada mal para o que estamos vendo. Este domingo pasado, o día do Carmen, actuamos no Festival de Bandas de As Pontes, tíñamos todas un número de músicos máis ou menos similar e a de Ribadeo luciu ben”.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



